Skip to Content

blogue deManel

IES de Ribadeo en EUROPA

Este luns 1 de maio rematamos un novo intercambio co Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen (Alemaña). 15 participantes (13 alumnos e alumnas e 2 profes) do noso centro e 1 semana de confraternidade, viaxes e actividades.

Agora toca enfrentarse á derradeira parte do curso e agardar pola visita que para xuño fará o centro irmán entre o 16 e o 23.

Aínda nos tocará contar algunha cousa en diferentes medios, pero polo de pronto aquí tedes unhas cantas mostras do que fixemos....

   

 

Cronica3.com (3 maio)

XornaldaMariña (3 maio)

Amarinaxa (7 maio)

La Comarca del Eo (6 maio)

La Voz de Galicia (5 maio)

Autores Europeos e A conquista da Igualdade

Retomamos a rutina das clases con diversos recordatorios, uns que quedarán para sempre na alma e outros que poñemos agora a disposición de tods. Son traballos realizados por alumnos e alumnas, supervisados e maquetados polo profesorado responsable que teñen como elemento motivacional a loita pola igualdade e a recente nominación por parte da Comisión Europea do I Día Mundial dos Autores Europeos.

Presentamos aquí un traballo elaborado por varias alumnas e alumnos de 1º BAC C, que seleccionaron un autor e unha autora representativos de cada país da Unión Europea.

  

PREZI Autores Europeos

Tamén quixemos continuar co noso traballo en pro da Igualdade recollendo preguntas e temas sobre a situación da muller na nosa sociedade tanto actual como histórica, e lembrar así situacións, feitos, protagonistas, leis,... que foron cambiando na busca de unha igualdade que aínda está por conseguir pero na que creemos e consideramos necsario traballar e educar. Alba Loureiro, de 1º BAC B, foi unha das alumnas que escolleu preguntas, respostas e protagonistas coas que poderedes poñer a proba o voso coñecemento e a vosa implicación neste tema no que todos debemos tomar partido.

Mujeres al poder | Red Internacional de Información sobre Mujeres y Política

La conquista de la Igualdad

Gelís Romero e a Cátedra do pan (charlas STEM)

Auspiciado por PRENSAESCUELA e VIAQUA, o programa STEM achega as científicas galegas ao alumnado dos centros de ensino. Este mércores 29 de marzo contamos cunha exalumna: Mª Ángeles Romero Rodríguez, catedrática de Tecnoloxía dos alimentos na USC.

Unha xornada que nos permitiu continuar co debate sobre alimentación que comezamos fai un mes coa conexión on line co Parlamento Europeo na sesión correspondente de #EUROSCOLA e que, nesta ocasión, tivo un perfil máis propio e máis coñecido para todos nos.

Produtos apropiados e inapropiados, procesados e condeados, saudables e menos saudables,... cos que convivimos a diario formaron parte da exposición de Gelís Romero que logrou captar a atención dos 60 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BACH que acudiron ao salón de actos do centro. 

Agardamos que esta semente saudable que de seguro plantou floreza e de os seus froitos nas rutinas alimentarias diarias da nosa comunidade educativa. Grazas por todo!

    

Publicado en Cronica3.com (30 marzo)

La Comarca del Eo (8 abril)

Publicado en Prensa-escuela 

Video charla (51 minuts)

Charlas STEM: Gelís Romero, catedrática de Tecnoloxía dos alimentos

O vindeiro mércores 29 de marzo a catedrática de Tecnoloxía dos alimentos da USC, Mª Ángeles Romero Rodríguez, visitará o noso centro e charlará co alumnado e profesorado convocado dentro da programación de charlas STEM que Prensaescuela e Viaqua.

Gelís Romero é Doutora en Farmacia e Catedrática da Área de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Santiago de Compostela. Socia fundadora e secretaria do Consello de Administración da spin-off TASTE LAB, S.L., primeira empresa Tecnolóxica de Análise Sensorial. Asesora e colaboradora de diferentes entidades e administracións para promover a alimentación saudable, elaborar guías de alimentación,... É a presidenta da Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias, a representante da USC en temas de alimentación e dirixe a Cátedra Institucional de Pan e Cereal.

Adxuntamos aquí unha entrevista de El Correo Gallego na que explica en que traballa desde a súa cátedra do pan e o cereal creada en xullo do 2016.

El Correo Gallego: Entrevista a Mª Ángeles Romero Rodríguez (oct 2018

E tamén un video dunha charla sobre Alimentos procesados desenvolvida no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

As charlas STEM están patrocinadas por Prensaescuela e Viaqua

TWITER @cosmopolitas1

Maruja Mallo: artista

Hoxe 15 de marzo celebrarase en Viveiro un acto de presentación do selo de correos conmemorativo da artista Maruja Mallo.

Este selo pertence á colección de #8MTodoElAño, dedicada a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade.

Para acompañar e solidarizarmos con este recoñecemento nos tamén quixemos unirmos coa proxeción do documental sobre a súa vida e obra que compartimos nete enlace...

IMPRESCINDIBLES: Maruja Mallo

E tamén esta entrevista de Joaquín Soler á artista en 1980.

TWITER @cosmopolitas1

CON NOME PROPIO: Melodi Parga Otero, Historiadora da Arte

Dentro das actividades do MARZO-MULLER, hoxe luns 13 de marzo comezamos a semana coa charla de Melodi Parga Otero, historiadora da Arte (e exalumna do centro), que contou ao alumnado de 2º BAC C os seus estudos universitarios, a sú vida como alumna ERASMUS en Göttingen, as súas andanzas polo Arqueolóxico Nacional, e as súas actuais inquedanzas.... Agardamos que a súa interesante charla sirva de acicate a este alumnado que, en pouco tempo, vai a verse envolto en novas e cruciais experiencias. Agardamos tamén que volvan dentro dun tempo, e conten, como agora o fixo Melodi, as súas andanzas polo mundo adulto, calquera que sexa o que lles toque ou o que poidan vivir.

Grazas Melodi, polas túas palabras, e polo traballo, que xa acumula moitos momentos importantes desde aqueles tempos do blog de prensaescuela, do traballo da "Baraja vial",... e tantas e tantas actividades escolares ás que dedicaches tempo e bo facer!!!

 

MARZO: Actividades no mes da MULLER

Cada vez faise máis imperativo marcar diferencias contra a INTOLERANCIA, a DISCRIMINACIÓN, o TERRORISMO DE XÉNERO, os ABUSOS, a DESIGUALDADE,... e nesa liña sumámonos á iniciativa dalgunhas ESCOLAS EMBAIXADORAS que, desde o traballo conxunto dunha zona, e invitando a participar ao resto (unha actitude digna de eloxio e que debe servir como modelo) conseguiron unirmos nesta loita pola IGUALDADE. Parte do resultado podedes velo aquí, e máis adiante subiremos outras iniciativas coas que queremos contribuír a crear unha SOCIEDADE FEMINISTA sen limitacións...

ESCUELAS EMBAJADORAS DEL PARLAMENTO EUROPEO TRABAJANDO JUNTAS

POR LA IGUALDAD!

  

DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER 2023 (VIDEO elaborado por Fundación Llor con la colaboración de otras 53 ESCUELAS EMBAJADORAS DEL PARLAMENTO EUROPEO)

MANIFIESTO DE ESCUELAS EMBAJADORAS (propuesto por Fundación Llor)

Xeolocalización das ESCOLAS EMBAIXADORAS colaboradoras. NORABOA A TODAS!!!

O noso traballo en clase utiliza os seguintes recursos teóricos... Docs ONU sobre Historia del Día de la Mujer

Historia del FEMINISMO en 10 minutos

Discurso de Emma Watson ante la ONU

Imos comenzando...!

Proxecto Youth Ambassadors coa coordinación de INGALICIA

A Asociación Cultural Ingalicia (organización sen ánimo de lucro da cidade de A Coruña que ven traballando desde o 2007 co fin de promover o espíritu e os valores europeos a través de actividades locais e de mobilidadepara a participación xuvenil) quere darlle visibilidade ao proxecto Youth Ambassadors e busca centros educativos interesados en participar nel. O obxectivo principal do proxecto é proporcionar aos xoves entre 14 e 18 anos oportunidades para involucrarse e ser activos nas comunidades locais utilizando diferentes actividades de aprendizaxe non formal.

De maneira transversal, o proxecto busca fomentar o desenvolveemento de habilidades interpersonais dos xoves (como o traballo en equipo, habilidades de comunicación, liderazgo, etc.), habilidades dixitais (uso de diferentes plataformas, creación e edición de vídeos, branding), alfabetización mediática e uso das redes sociais e acortar distancias entre os xoves e os/as responsables da toma de decisións a escala local, rexional, nacional e transnacional. 

Presentación Youth Ambassadors, e datos e metodoloxía sobre o proxecto.

EUROSCOLA 28 feb: Sustainable food system in the EU

Actividade para os grupos de 1º BAC: martes 28 de febreiro, conexión on line coa sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo.

Aquí tedes parte do material que imos tratar nesta nova sesión de EUROSCOLA na que participan as seguintes escolas españolas:

Colegio Diocesano Oratorio Festivo de San Miguel
IES Ribadeo Dionisio Gamallo
IES Gabriel Alonso de Herrera
IES Joaquín Artiles
IES Valsequillo

Towards a sustainable food system: The European Unions Strategy EU

Adapted proposal on sustainable food system in the EU

 

 

  

 

 

Publicado en TWITER 

Publicado en Cronica3.com (1 marzo)  

Participación en proposta EPAS para o 8 de marzo

Esta é a foto coa que colaboramos coa Fundación Llor na súa proposta para:

Día de la Mujer 2023

CAMPAÑA: LAS MUJERES POR…

OBJETIVOS:

1. Destacar el papel de la mujer en Europa.

2. Fomentar la igualdad entre mujeres y hombres.

3. Resaltar el respeto por los valores fundamentales de la Unión Europea y hacerlos visibles.

4. Cohesionar la actividad de las “Escuelas Embajadoras” a través de actividades conjuntas.

5. Visibilizar que el Proyecto europeo es cosa de tod@s.

¿Cómo lo haremos?

Cada centro pondremos en la mitad de una cartulina- 25 cm x 65 cm cada cartulina- (color a elegir por cada centro y diseño) una palabra o varias que elegiremos en el Excel que tenemos a disposición en el moodle y que cada centro elegirá. Por ejemplo: la Igualdad en el trabajo, los derechos reproductivos,…

Haremos una fotografía o un vídeo corto con un grupo de “alumnas” de nuestros grupos de “Embajador@s” enseñando esa cartulina y nos la remitís al correo que os facilitaremos. Incluiremos la bandera de Europa y el logo de nuestro centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut