Skip to Content

Extraescolares e complementarias

Día Mundial dos Humedais na Ría de Ribadeo

Para conmemorar o Día Mundial dos Humedais, que se  celebra cada 2 de febreiro e que este ano ten por lema “Actuar polos humedais é actuar pola humanidade”, o alumnado de 4º ESO de Bioloxía  saíron á ría acompañados pola profesora Susi Besteiro para estudar a ría como ecosistema e tomar conciencia do importante que é a súa conservación.

“Vacuna viene de vaca” por Juan Evaristo Suárez

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo agradece a recente colaboración de D. Juan Evaristo Suárez, profesor de microbioloxía da Universidade de Oviedo que impartiu para nós unha interesante conferencia baixo o título “Vacuna viene de vaca” tratando de sensibilizar ó alumnado respecto da importancia e utilidade da vacinación sempre, pero máis aínda, nestes momentos de pandemia.

"O que arde", de Oliver Laxe

O pasado martes, 15 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º BACH do noso centro, xunto co do resto de centros do concello e usuarios do Centro de Día, tivo a oportunidade de asistir á proxección do filme "O que arde" e ao posterior coloquio co propio director, Oliver Laxe. 

“O que arde” é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe. Estreouse na sección “Un Certain Regard” do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial.

O filme aborda a problemática dos lumes no rural galego. A historia desenvólvese nos Ancares lucenses e conta dúas historias en paralelo: a dun veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á vila e a de dous brigadistas que traballan na loita contra os incendios.

Preme aquí para ver a nova na páxina do Concello de Ribadeo.

Final do Reto Alcoa

As alumnas Cristina Teixeira e Irene Muruais, de 1º de BAC, participaron en Madrid na final do Reto Alcoa de simulación de empresasCoordinou a actividade a profesora Marisa Goás, do departamento de Economía.

Parabens!

Velaquí unhas imaxes da actividade:

Paseo pola costa

O venres, día 19, despedimos as actividades lectivas cun paseo pola costa, desde Rinlo ata Ribadeo. Organizou a actividade a profesora Teresa Díaz Estévez, do departamento de Física. 

MÁIS FOTOS NA NOSA GALERÍA

 

A palabra perdida. Entrega de premios

O xoves, 11 de xuño, tivo lugar a entrega de premios correspondente á 1ª edición do xogo "A palabra perdida", coordinado pola profesora Susana Díaz Orol, do equipo da biblioteca. As vencedoras foron o equipo nº 1, formado por Nuria Fernández Fanego, Cristina Pérez Díaz, Uxía Lorenzo Rivas e Ana Rico Díaz, de 3º de ESO.

Aquí vemos unhas imaxes do acto:
Na primeira, aparecen as alumnas gañadoras acompañadas por Susana Díaz, coordinadora da actividade; na outra, a alumna Cristina Vizoso Cruz le un texto sobre a importancia dos libros, das bibliotecas e da lectura, acompañada por Alfonso PiñeiroDirector do centro, e por Teresa DíazCoordinadora do equipo da biblioteca.

Premios no certame de debuxo da Biblioteca Pública

As alumnas Iria Vidal e Uxía Chimeno resultaron premiadas no Certame das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Pública "El Viejo Pancho", na modalidade de debuxo.

Os seus traballos pasaron á fase provincial, na que o debuxo de Iria Vidal foi premiado de novo, competindo desta vez cos premiados nas outras bibliotecas da provincia. 

Parabéns!

Velaquí os seus traballos:

 IRIA VIDAL

UXÍA CHIMENO

Premio no III certame de banda deseñada AX1

As alumnas Paula Amor Díaz, Andrea Barcia García e Celia Gasalla Sánchez recolleron hai poucos días en Santiago o 1º premio (categoría 12 a 16 anos) do III certame de banda deseñada AX1, organizado polo IES Arcebispo Xelmírez 1 e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Desde este enlace podes acceder ó seu traballo, titúlado ¡Meh!, polo que recibiron 500 euros de premio e desde aquí pódese acceder á acta do xurado

Parabéns!

Velaquí unha foto do acto de entrega:

 

Premio no XIII Concurso de Contos ASPAMITE

A alumna Estela Bravo Montero, de 1º de ESO, obtivo o 3º premio no Certame de Contos ASPAMITE (Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual do Concello de Teo) polo seu traballo "O reto".

Parabéns!

FEIRA DA CIENCIA

Os días 10 e 11 de abril tivo lugar a Feira da Ciencia. Este curso considérase de transición e o evento ten un tamaño máis reducido ca outros anos. O organizador, un ano máis, foi o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física, que contou coa colaboración de Mª Jesús Besteiro, do departamento de ciencias.  

FOTOS

Velaquí a crónica da feira, redactada polo seu cooordinador:

Un novo centro, unha nova feira. Unha nova historia, despois de 18 edicións previas. Novos actores para un mesmo acto diferente.

A FEIRA DA CIENCIA DE RIBADEO 2013 tivo o seu momento o 10 e 11 de abril no taller de Tecnoloxía da ESO do noso IES de Ribadeo. Ese foi o lugar. O espírito, o dos 63 alumnos e alumnas de 1º de ESO, mais xente de 4º e tamén de 2º de BAC, e os visitantes, que foron case todos os alumnos de diúrno, mais xente de 6º e 5º de primaria do C.P. Grregorio Sanz, mais pais, profesores, ...

Distribuir contido


by Dr. Radut