Skip to Content

FEIRA DA CIENCIA

Os días 10 e 11 de abril tivo lugar a Feira da Ciencia. Este curso considérase de transición e o evento ten un tamaño máis reducido ca outros anos. O organizador, un ano máis, foi o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física, que contou coa colaboración de Mª Jesús Besteiro, do departamento de ciencias.  

FOTOS

Velaquí a crónica da feira, redactada polo seu cooordinador:

Un novo centro, unha nova feira. Unha nova historia, despois de 18 edicións previas. Novos actores para un mesmo acto diferente.

A FEIRA DA CIENCIA DE RIBADEO 2013 tivo o seu momento o 10 e 11 de abril no taller de Tecnoloxía da ESO do noso IES de Ribadeo. Ese foi o lugar. O espírito, o dos 63 alumnos e alumnas de 1º de ESO, mais xente de 4º e tamén de 2º de BAC, e os visitantes, que foron case todos os alumnos de diúrno, mais xente de 6º e 5º de primaria do C.P. Grregorio Sanz, mais pais, profesores, ...

O que foron unha trintena de traballos de difusión, reprodución ou investigación nos que cadaquén puxo o seu gran de area. Traballos como o do Proxecto ríos, co amplo estudo do río Pequeno, O ovo brincador, calificado na enquisa mesmo como un produto blandiblub, O aire pesa ou O aire ocupa, incidindo nas características do medio no que vivimos, Que ves?, coas súas sensacións equívocas, O coche solar, curiosidade de tecnoloxía ó noso nivel, As teas do mundo , estudo dos materiais que usamos para recubrirnos, ... entre outros moitos que non se citan para non alongar esta pequena nota.

Unha experiencia, unha vez máis, tanto de vivencia nun entorno diferente como de relación cos compañeiros e compañeiras na elaboración dos traballos e a exposición como no guiado de grupos, unha visión da aprendizaxe a partir de proxectos concretos, ... sempre mellorable, nunca prescindible.

A escaso medio ano do comezo do funcionamento do IES, a feira representou tamén un ensaio, unha experiencia para realizacións futuras, tratando de mellorar no futuro a feira a e aprendizaxe. De aí que se pasara unha enquisa ós visitantes, que se está a recoller e será analizada para ver diferentes opinións e aprender, tendo en conta non só opinións ou xuízos, senón consellos, que tamén foron pedidos e seguirán a selo no futuro, invitando a participar a todos... nos consellos e tamén no futuro da actividade.

Feira da ciencia

AdxuntoTamaño
ALUMNADO PARTICIPANTE CONCURSO LECTURA.pdf52.49 KB


page | by Dr. Radut