Skip to Content

Libros

LECTURAS INCLUSIVAS

Se as sificultades para manter a aprendizaxe a distancia durante o confinamento foron moitas, aínda se agravaron máis no caso do alumnado con necesidades especiais. Isto levounos a reflexionar sobre as carencias da nosa biblioteca en materia de lecturas inclusivas, que si existen nalgún departamento, pero non na propia biblioteca. Postos en contacto co profesorado que imparte clases neste ámbito, pedímoslles que nos enviasen suxestións de material para incorporar aos nosos fondos. O resultado foi a adquisición de  títulos que, cando a situación o permita, pasarán a formar parte da nosa biblioteca.

 

LIBROS ADICADOS- Luz Pozo Garza

Trala homenaxe que lle  bridou o concello o sábado 18 de xaneiro de 2020 nomeándoa  Filla Predilecta de Ribadeo, Luz Pozo Garza adicounos cariñosamente un exemplar da recompilación da súa obra poética Memoria Solar.



LIBROS ADICADOS- Eli Ríos

Trala charla co alumnado de segundo ciclo da ESO, o xoves 16 de xaneiro de 2020, a escritora galega Eli Ríos asinoulles exemplares da súa obra Remexido de patacas e adicou un deles á nosa biblioteca. 

 

DOAZÓN LIBROS EXALUMNO

 En marzo deste 2020 incorporamos á biblioteca 16 novos exemplares de libros de lectura habitual no instituto procedentes da doazón dun exalumno do mesmo. Grazas!

 

 

LIBROS HISTORIA E ARTE

 

 O departamento de Xeografía e Historia adquiriu novos títulos que se incorporaron recentemente á nosa biblioteca. Velaquí unha selección dos mesmos.

 

CÓMICS HISTORIA

 

A nosa sección de Banda Deseñada amplíase con tres novos títulos encargados polo departamento de Xeografía e Historia.

 

LIBROS POLA IGUALDADE. Curso 2019-2020

Unha das medidas para dar cumprimento ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero consiste en dotación bibliográfica por parte da Asesoría de Igualdade (Consellería de Educación)  en lecturas coeducativas para os centros que imparten as materias específicas de Igualdade de Xénero e Coeducación para o século XXI. Con tal fin, recibimos unha partida de libros que pasan a formar parte da nosa sección de Literatura Feminista.

 

LIBROS DE MATEMÁTICAS

 

O departamento de Matemáticas adquiriu novos e interesantes títulos que pasan a formar parte da biblioteca.

 

BANDA DESEÑADA. Xaneiro 2020

 

Ampliamos a sección de banda deseñada coa incorporación do último cómic de Astérix, A filha de Vercingétorix, en lingua portuguesa.

 

LIBROS ADICADOS. Xaneiro 2020

 

A nosa sección de Libros adicados amplíase cun exemplar do conto Carro vernelho asinado pola escritora Maria José Carvalho Areal. Parte do alumnado de Portugués asistiu a un encontro con ela na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira durante a súa viaxe a Portugal o pasado trimestre. Asemade, a autora cedeu amablemente varios exemplares do libro para o IES de Ribadeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut