Skip to Content

Saída ó Río Pequeno. Inspección de primavera

A profesora Mª Jesús Besteiro, do departamento de Ciencias Naturais, informa sobre a inspección de primavera do Río Pequeno:

O pasado martes, 16 de maio, algúns alumnos de 4º ESO de Bioloxía saíron ó Río Pequeno pola mañá, para realizar a toma de datos correspondente á inspección de primavera.

Despois de recorrer o tramo de estudio para observar os posibles cambios, os alumnos procederon a facer as análises pertinentes co fin de cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica. [LER MÁIS] [MÁIS IMAXES]

Ledicia Costas

O día 1 de xuño visitounos Ledicia Costas, para participar nun encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO, que previamente leron as súas novelas Unha estrela no ventoO corazón de Xúpiter e Un animal chamado néboa.

Organizou a actividade o Departamento de Lingua galega e literatura e colaborou a Área de cultura do Concello de Ribadeo. [MÁIS IMAXES]

 

 

Aldeas infantís

Manel Yáñez informa sobre a participación de Covadonga Yanes, de 2º de ESO, representando a Galicia na IV Xornada de adolescentes ALDEAS INFANTÍS SOS.

O pasado 24 de maio celebramos a "IV Jornada de adolescentes ALDEAS INFANTILES SOS", que culminou un curso de traballo co tema "El respeto y la convivencia, contra el acoso escolar", no programa didáctico "Párate a pensar", onde plantean 50 actividades que abordan maneiras de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario. [LER MÁIS]     [PRENSA]     [ÁLBUM DE ALDEAS INFANTÍS]    [MÁIS IMAXES]

Teatro en inglés

As clases de 3º ESO A, 4º ESO A e 4º ESO B están representando unhas obras de teatro en inglés. Nada máis e nada menos que Shakespeare!

3º ESO A representa A Midsummer Night's Dream (O soño dunha noite de verán) e 4º de ESO A e B, Romeo and Juliet (Romeu e Xulieta).

Para esta última obra necesitabamos máscaras porque nun baile de máscaras é onde se coñecen Romeu e Xulieta. Unha alumna, Laura Requeijo, prestouse a elaboralas. Tamén fixo un par de espadas e un puñal.

Quedaron tan ben que nos decidimos a expoñelas na entrada do instituto, xunto con algunhas fotos das representacións e os texto nos que se basea a obra.

Coordina a actividade Dolores Faílde, do departamento de inglés.

[MÁIS IMAXES]

Visita á Casa-Museo de Manuel María

O 16 de maio o alumnado de 2°ESO asistiu a unha visita guiada á Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Visitaron tamén a Carballeira de Santa Isabel e o cemiterio onte repousan os restos do poeta. Todo isto seguindo un xogo de pistas. A continuación xantaron na área recreativa de Penas de Rodas.

Pola tarde, unha guía recibíunos na Lagoa de Cospeito para darlles a coñecer a gran diversidade ecolóxica deste lugar que forma parte da Reserva da Biosfera Tierras do Miño.

[MÁIS IMAXES]

Xubilación de Mª José

O venres, 19 de maio, xubilouse Mª José Álvarez Amor, do departamento de lingua galega e literatura. O luns, 22, convidounos a uns petiscos que moito lle agradecemos. Foi un pracer tela como compañeira durante varios cursos e desexámoslle moita felicidade na etapa que comeza.

 

Correlingua, 2017

O alumnado de 3º de ESO participou o día 9 de maio no Correlingua, celebrado este 2017 en Viveiro.

O alumno do noso centro Miguel Yáñez Fernández foi o primeiro clasificado na categoría masculina de secundaria na carreira polo idioma. Parabéns para el.

Ademais da asistir ás actividades en defensa da lingua galega, aproveitouse o día para visitar a lonxa de Celeiro, o casco histórico, a praia de Area, o Monte San Roque e o Mirador do Faro.
Coordinou a actividade a profesora Dores Fernández Abel.
Un día ben aproveitado!  
 
 

Día da ciencia na rúa, 2017

O sábado 6 de maio de 2017, un grupo de máis de 50 persoas do noso IES participou no Día da Ciencia na Rúa de A Coruña, como vén facendo desde máis de dous decenios.
Os Amigos da Casa das Ciencias, organizadores do evendo, invitaron un ano máis ó centro a levar á Coruña actividades que foron presentadas na Feira das Ciencias de Ribadeo. Alí, a atención á xente que se achegou á carpa foi constante, incluídos algúns estranxeiros, polo que algunhas explicacións déronse en inglés. Entre os visitantes estivo tamén o Alcalde da Coruña, que se interesou polos proxectos presentads.

Coordinou a actividade o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física e Química. 

O Alcalde da Coruña visitanto o estand do noso instituto

Os intercambios con Europa como modelo de aprendizaxe

OS INTERCAMBIOS CON EUROPA COMO MODELO DE APRENDIZAXE

[IMAXES NA GALERÍA]

O profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía, fai estas reflexións sobre o intercambio que coordina desde hai anos cun centro de Alemaña.

A aposta que o noso centro fai por Europa renóvase cada curso co intercambio que temos co KARL VON FRISCH GYMNASIUM de Dusslingen (Stuttgart, Alemaña). A necesidade de apertura a outras nacións, o coñecemento destas e a posibilidade de futuro que representan as diversas institucións da Unión Europea conforman os obxectivos que perseguimos con estas actividades. 

De forma concreta o coñecemento do sistema educativo dun país veciño, a realización de actividades culturais e artísticas en conxunto, a asistencia a clases no centro socio e a convivencia coas familias cremos que enriquecen a perspectiva cultural e académica do noso alumnado, fomentan o seu interés polo contexto sociopolítico no que viven, e sitúaos nunha perspectiva máis positiva e favorable para a súa formación.

"Redeiras: do profesorado e para o profesorado", un artigo de Manel Yáñez

No Espazo Abalar publicouse este curso un artigo de Manel Yáñez, do departamento de Filosofía, sobre a utilidade da rede Redeiras para o labor docente. 

Distribuir contido


by Dr. Radut