Skip to Content

Estudio sobre as influencias da lúa

Un dos traballados realizados polo alumnado do centro en materia de investigación segundo o método científico é recollido na prensa co galo da peculiar segunda lúa chea deste mes de xaneiro.Un instituto gallego desmonta el mito de la Luna

 

 

 

 

 

 

 

.

Física recreativa

O martes 23 de xaneiro, ás 11 da mañá, tivo lugar no salón de actos do IES unha charla e experiencias de Física Recreativa a cargo de D.José Benito Vázquez Dorrío, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo
A charla foi presentando a visualización de diferentes fenómenos relacionados coa luz, a xeración e visión das cores. A ela asistiron alumnos e alumnas de bacharelato coa materia de Física e Física e Química, durante o recreo e a hora posterior.
José Benito Vázquez participa en diversos proxectos de difusión científica, sendo embaixador en España de Scientix, e coordinador do grupo internacional Hands on Science, a máis de participar noutros proxectos como Click on Physics. Ten sido director da ETS de Minas

Viaxe a Valença do Minho e Vigo

O alumnado de portugués da ESO e todo o de 3º de ESO púxolle o ramo á primeira avaliación viaxando a Valença do Minho e Vigo.

En Valença coñeceron a Fortaleza e a súa historia; en Vigo, o casco histórico. Tamén visitaron o Museo do Mar para ver o Pergamiño Vindel, e aprender sobre a época en que foi escrito.

As profesoras Mírian Bouso, Isabel López López, Dores Fernández Abel e o profesor Suso Fernández Acevedo acompañaron o alumnado nesta xeira de espairecemento e aprendizaxe.                                         Mais fotografías

Prazo de matrícula na Educación Secundaria para persoas adultas

Entre os días 9 e 16 de xaneiro do 2018 estará aberto o prazo de matrícula para alumnado de nova incorporación ao centro, nos módulos 2 e 4.

 

.

Certame de postais de nadal "Pinta con luz feminista"

As gañadoras do certame foron Lara Pérez Veleiro, de 1º da ESO e Noa Castiñeiras Sánchez de 1º de Bacharelato

     

 

Aproveitamos esta iniciativa para desexarvos

BO NADAL

Formación para o uso da biblioteca

O martes 19 de decembro remataron as xornadas de formación de nov@susuari@s da biblioteca dirixidas ao alumnado e 1º de ESO desenvolvidas ao longo do primeiro trimestre do curso. O equipo da biblioteca agradece a colaboración e apoio  dos titores e titoras deste nivel (Mª Jesús Besteiro Cabanas, Beatriz González Fernández, Mª Dolores Gómez Fernández e Manuel Corbacho Pérez)

Mais fotografías

                                                                                                           

No Nadal Non te consumas

O luns 11 de decembro, o alumnado de Valores Éticos

de 1º ESO participou nun obradoiro dirixido por monitoras

de SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA

 

Ler mais...

    

Unha árbore de libros

O Nadal tamén chegou á biblioteca,

e celebrámolo dando vida ás vellas

enciclopedias (acantoadas pola

omnipresente Internet) para formaren

una festiva árbore navideña.

 
 

Suso Peña na nosa bibliotesa

Comprácenos incorporar á nosa biblioteca oito láminas enmarcadas do cómic do ilustrador ribadense Suso Peña "La cueva del rey Cintolo", agasallo de Jaime Rodríguez e do profesor Roberto Fernández.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Mellores, non maiores

O comité lila conmemora o 25 de novembro de 2017. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut