Skip to Content

Homenaxe a Fernanda Sela.

 

Parabéns Fernanda!!!

O pasado 28 de xuño, Fernanda González de Sela, profesora no noso centro durante décadas, cumpriu 100 anos. Recibiu unha homenaxe na súa casa por parte de antigas alumnas da Primeira promoción feminina do noso centro cando era Instituto Laboral, e que curiosamente foron as encargadas de impartir a conferencia inaugural deste curso que estamos rematando. Tamén estiveron dous ex-profesores do Instituto: José Carlos Rodríguez Andina, que acompañou  coa  coa guitarra o Cumpleanos Feliz e Roberto Rodríguez Rodríguez que lle fixo entrega dun agasallo no nome da nosa Comunidade Educativa.

Unha vez máis, parabéns Fernanda.

EN REDE

 

Esta canción forma parte do proxecto do Comité Lila para o curso 2019/2020, que xirou en torno ao lema: "SEN TI NON HAI RE/ACCIÓN. MOVE A REDE, PARA O SILENCIO!".

O obxectivo funadamental é concienciar sobre a necesidade de actuar e reaccionar ante a violencia de xénero e demostrar que o silencio é unha forma de complicidade que nos posiciona sempre ao lado do agresor.

Accede ao vídeo premendo na imaxe ou no enlace: https://www.youtube.com/watch?v=dmfu0NW_djY.

ACTO DE GRADUACIÓN 2º DE BACHARELATO. Promoción 2019/2020.

ACCEDE AQUÍ Á GALERÍA DE FOTOS.

Este xoves 25 de xuño de 2020 ás 19:00 horas celebramos o acto de graduación da promoción 2019/2020 de 2º de Bacharelato no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. 

Dadas as circunstancias especiais nas que rematou o curso, será un acto sinxelo que cremos importante celebrar para que o alumnado se sinta acompañado neste fin de etapa tan abrupto.

Desde o centro mandámoslles todo o ánimo e forza e desexámoslles o mellor de aquí en diante. Foi un pracer poder contar cunha promoción tan boa!

Agradecemos a Yolanda Fiallega o traballo de edición e maquetación.

HORARIO RECOLLIDA BOLETÍNS: XOVES 25 DE XUÑO

Premendo na imaxe, pode acceder ao documento no que figuran o alumnado de cada grupo, a aula e a hora de recollida.

Información para o alumnado e as familias de 6º de primaria.

Premendo na imaxe, accederá a toda a información elaborada polo Departamento de Orientación sobre a incorporación á Educación Secundaria Obrigatoria.

 

(22/05/2020): INCORPORACIÓN ÁS CLASES PRESENCIAIS DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO / BACEPA: MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE PARA A REAPERTURA PARCIAL DOS CENTROS.

Segundo a Resolución do 22/05/2020, da Consellería de Educación, pola que se reinicia a actividade lectiva presencial, o alumnado de 2º de Bacharelato (ordinario e adultos) poderá reincorporarse ás aulas a partir do vindeiro luns 25 de maio, sempre que se pase á fase 2,  e tendo en conta que  non haberá servicio de transporte escolar.

Desde o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo queremos insistir en que a actividade lectiva telemática se está levando a cabo de maneira efectiva e con todas as garantías para que o alumnado de 2º de Bacharelato se enfronte ás probas da ABAU.

Co obxecto de organizar o retorno con garantías de seguridade, poñemos en coñecemento das familias e do alumnado unha serie de MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE, baseadas na Resolución citada.

Accede a elas premendo na imaxe:

(20/05/2020): FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

ACCESO Á CONVOCATORIA OFICIAL (Mar, 19/05/2020 - 09:54)

O prazo para solicitar libros remata o 19 de xuño de 2020.

Establécese un día para a devolución dos libros prestados de cada curso e grupo, para axilizar o trámite e evitar aglomeracións, facilitando así o cumprimento das medidas de seguridade e hixiene. O horario de recollida será de 10:00 a 13:00 en todos os casos.

Premendo nos seguintes cadros, pode acceder a toda a información:

Apertura do prazo para solicitar libros do fondo Prazo de devolución dos libros e ordenadores prestados para este curso (2019/2020) Listaxe de libros do fondo solidario pendentes de devolución Listaxe de libros do centro pendentes de devolución


DENDE A MIÑA XANELA

Dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística animamos ao alumnado e ao profesorado a participar nunhas xanelas literarias que nos puidesen axudar a sentirnos un pouco máis libres e compartir as nosas inquedanzas e gustos literarios. A actividade consistiu e facer unha fotografía dende a ventá da nosa casa e sobreescribir na mesma  un breve texto (ben propio ou ben dun autor/a calquera). Propuxemos que na foto aparecese un libro e que dalgunha maneira o contido do texto nos movese a refllexionar sobre a situación que estamos a vivir.

O resultado é unha serie de fermosas fotos enviadas polo noso alumnado e profesorado que quedaron plasmadas neste video:

https://www.youtube.com/watch?v=COxQMc3vMgw&feature=youtu.be

(20/05/2020): Seguimos cedendo material informático da Xunta e do IES de Ribadeo.

 

Recentemente, no IES de Ribadeo recibimos unha terceira entrega con 8 kits de conexión a internet e seguimos atendendo as necesidades detectadas entre o noso alumnado, tanto con este material como con ordenadores de reserva Edixgal, así como con portátiles do propio centro.

Polo tanto, se algunha familia ten problemas de conexión ou falta de medios, que se poña en contacto co centro (982870666 - ies.ribadeo@edu.xunta.es). Trataremos de buscar unha solución.

 

ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS POR DEPARTAMENTOS.

Tal e como figura nas Instrucións do 27 de abril de 2020 no seu punto 6 "Adaptación das programacións didácticas": "Os departamentos didácticos, os equipos de ciclo e os equipos docentes de cada curso (...) adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, áreas, materias ou módulos integrados no departamento, que será o referente para o profesorado que imparta a mesma área, materia, módulo ou ámbito no centro educativo". 

Premendo en cada un dos departamentos didácticos, pode acceder á adaptación das programacións didácticas dos distintos cursos e materias.

Distribuir contido


by Dr. Radut