ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA O MES DE MAIO

Ola de novo a todos, deixovos na aula virtual actividades de Educación Fisica para 2º ESO, 3ºESO e 4ºESO (diferentes para cada curso).

O prazo de entrega é durante o mes de maio (límite o 29, pero sempre podedes entregalas antes).

Os traballos teóricos tendes que envialos ao seguinte correo electrónico: raquelgamiguez@gmail.com

A todos aqueles que me van enviando traballos, respondo se o recibín. Se non recibistes resposta é que non recibín o traballo.

Espero que todos, cada un na medida das súas posibilidades, esteades realizando algunha rutina de exercicio diario...non esquezades que é moi importante para estar ben física, pero tamén psicolóxicamente. De non ser así...nunca é tarde para empezar...así que votádelle un vistazo de novo ás recomendacións que vos enviei anteriormente.

Un saúdo.

Powered by Drupal - Design by artinet