ACTIVIDADE VALORES ÉTICOS PARA 1º ESO
Seguiremos traballando os contidos compartidos na plataforma EDIXGAL.
Contacto para resolver dúvidas:
Mensaxería plataforma EDIXGALou correo electrónico maria.epv.anon@gmail.com
Moito ánimo.
ACTIVIDADE VALORES ÉTICOS PARA 3º ESO
Solidariedade ante a crise do coronavirus.
1.Obxectivo:
Elaborar un mural ou power point con accións solidarias xurdidas ante a crise.
2.Contido:
O mural ou power point debe conter un título, polo menos 8 accións solidarias xurdidas ante a crise do coronavirus
e unha conclusión (nunha frase) .
Debe tamén conter algunhas imaxes que o ilustren.
Podedes consultar internet ou outras fontes, pero acordarvos de citalas.
3.Prazo e modo de envío:
O traballo enviarase a seguinte dirección de correo:
maria.epv.anon@gmail.com
Se é un traballo dixital, se adxunta ao correo; se é un traballo en papel, farase unha fotografía do mesmo e
achegarase a imaxe ou imaxes, con coidado de que o mural apareza lexible e completo.
O prazo de entrega é o mércores 29 de Abril
Moito ánimo a tod@s.
VALORES ÉTICOS 4º da ESO
ACTIVIDADES ATÉ O DÍA 24 DE ABRIL DE 2020
Contacto coa profesora: maria.epv.anon@gmail.com
Tema para traballar e elaborar unha actividade por escrito :
UTOPÍA e DISTOPÍA
-Definicións: Utopía e Distopía
-Ler este artigo para logo facer unha reflexión e responde estas cuestións:
Revista Medicamento e cinema: artigo: Que futuro nos espera
Cuestións:
·É aínda posible a utopía?
·Pode a utopía duns ser o pesadelo doutros?
·Cando as utopías se volven distópicas?
·Que hai de positivo e de negativo nas revolucións e as utopías?
·É posible unha revolución sen utopías?
·É a utopía un trazo esencial da natureza humana?
Moito ánimo a tod@s.