ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos temos que proceder á renovación de todos os sectores que compoñen o Consello Escolar. RESOLUCIÓN 28 09 2018

O primeiro punto é a constitución da Xunta Electoral que será a encargada de controlar todo o proceso electoral. Neste órgano están representados todos os sectores (profesorado, familias, alumnado e PAS) e serán escollidos no sorteo que efectuaremos o martes 30 de outubro na zona de administración do IES.

circular1

 O luns 5 de novembro, ás 12,05 quedou constituida a Xunta electoral. Nesta primeira reunión quedaron aprobados os censos, que poden consultarse na administración do IES, e o calendario electoral. Acta de constitución.

Prazo de presentación das candidaturas: do 6 ao 16 de novembro.

Podedes descargar o modelo para presentar a vosa canditatura no seguinte enlace ou na administración do IES.

Modelo de candidatura sector pais/nais: modelo pais/nais

Modelo de candidatura sector alumnado: modelo alumnado

Lista provisional de candidaturas aprobada na reunión da Xunta Electoral do 19 de novembro. Poden facerse reclamacións ata o mércores 21 ás 12 horas.

Lista DEFINITIVA de candidaturas.

Calendario electoral definitivo.

 A votación das familias será o luns 26 de novembro de 18,30 ata 20,30.

RESULTADOS: lista de candidaturas elixidas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet