Por iniciativa do departamento de Orientación poñemos en marcha este curso unha Escola de Familias para abordar os problemas que aparecen relacionados coa educación dos nosos fillos. A primeira reunión terá lugar no IES o vindeiro luns 27 de novembro ás 19 horas. Nestas sesión do primeiro trimestre trataremos de:
- Reflexionar sobre a importancia do papel das familias no rendemento escolar do alumnado.
- Coñecer os factores que inflúen no rendemento e no éxito escolar.
- Proporcionar pautas xerais e prácticas para que as familias poidan axudar a mellorar o rendemento escolar.
Agardamos a vosa presencia e as vosas opinións para mellorar o proceso educativo que levamos a cabo no centro.