CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante a semana do 21 ao 25 de novembro realizamos unha serie de actividades, que complementan as programadas nas aulas e nas titorias durante todo o curso, co obxectivo de sensibilizar á comunidade educativa sobre este problema que segue a ocasionar perdas de vidas e situacións de violencia intolerable, fundamentalmente de mulleres, pero que en moitos casos se extende aos fillos e todo o entorno familiar.

O luns 21 de novembro proxectamos a película "Mustang" ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO para posteriormente comentar as discriminacións sexistas que nela se poden ver.
O mércores 23, grazas a proposta do CIM de Outes, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou no obradoiro "Violencia de xénero e o novo contexto dixital" organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración coa fundación Pantallas Amigas

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet