FONDO DE LIBROS - AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Estimados pais/nais/titores

 O pasado día 22 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 16 de maio de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. A diferenza da convocatoria anterior este ano non hai axudas para adquirir libros de texto xa que temos fondo de libros de 1º a 4º de ESO.

 Nos seus requisitos non hai novidades ao respecto de convocatorias anteriores:

  • Concédense axudas para participar no sistema de préstamo (fondo solidario) e tamén vales para adquisición de material escolar (50€).
  • Os libros adquiridos cos vales este curso ou os recollidos no fondo han de ser devoltos en perfecto estado antes do 23 de xuño se aproba todo en xuño ou o 7 de setembro se ten que ir a convocatoria extraordinaria.
  • Os límites de renda per cápita para optar ao fondo son:

renda igual o inferior a 5.400€, 6 libros

renda maior que 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€, 4 libros

  • As axudas para material escolar só se darán ás rendas inferiores a 5.400€.
  • Para o cálculo da renda per cápita terase en conta a situación da unidade familiar a data de 31/12/2015, que terá que ser acreditada por copia do libro de familia, e se este non reflicte a situación familiar na data de referencia, haberá que facelo con sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador, certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais do concello ou certificado de defunción.
  • Os efectos e a acreditación da discapacidade ten o mesmo tratamento que en anteriores convocatorias.
  • Cando non se autorice a consulta de identidade do solicitante deberá aportar copia do D.N.I. ou cando non  se autorice a consulta de datos tributarios deberá achegar a declaración do IRPF ou a falla del, certificado tributario.

 

En canto as novidades as máis importantes  son as relativas ao procedemento de tramitación:           

  • Haberá un só modelo de solicitude, que servirá para as dúas clases de axuda.
  • Unha única solicitude recollerá a tódolos irmáns matriculados no mesmo centro para os que se solicite axuda.
  • O prazo ÚNICO de presentación será ata o 23 de xuño
  • Haberá consulta telemática con Facenda para a acreditación dos ingresos da unidade familiar.

O modelo de solicitude de axuda  -anexo 1- está dispoñible na web da consellería,  así como na administración do no noso centro. Tamén se pode descargar ao final desta páxina.

O día 14 de xullo serán publicadas as listas provisionais nesta páxina web (haberá dous días para efectuar reclamacións).

O día 15 de setembro publicaremos as listas definitivas.

 

 

AdxuntoTamaño
anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf2.2 MB

Powered by Drupal - Design by artinet