INICIO DO CURSO 2016 - 2017. ESO

O próximo xoves 15 de setembro será a xornada de presentación  coa que daremos comezo ao novo curso.

De 11 a 12 horas o alumnado será recibido polos seus titores que lles darán a coñecer os horarios e os detalles necesarios para asitir a clase o venres, xa co horario normal do IES.

Para a xornada inicial do luns haberá transporte escolar adaptado a este horario.

Os lotes de libros do fondo serán entregados ao alumnado no momento que sexamos capaces de facelo. As listas definitivas de admitidos serán publicadas o día 15. A partir desa data empezaremos o reparto.

Os cheques para material escolar serán entregados o antes posible. Hai que ter en conta a imposiblidade que temos para atender simultaneamente os diferentes programas de axudas, implantar un novo sistema educativo e tendo como prioridade a escolarización do alumnado para comezar o día 15.

Powered by Drupal - Design by artinet