Concesión do premio Antonio Fraguas

O día 29 de xuño foron entregados os premios da VIII edición dos Proxectos didácticos Antonio Fraguas. Na sala Baltar do Museo do Pobo Galego os responsables dos centros gañadores recolleron o premio, dotado con 7000 € para desenvolver o proxecto presentado. Os gañadores:

Modalidade de primaria: "Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial", do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño (Pontevedra)

Modalidade de secundaria: "Outear", do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña).

 

Contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa para cumplir os obxectivos programados e rematar o traballo cunha exposición no Museo do Pobo Galego, sede da fundación Antonio Fraguas.

Grazas a todos os que colaboraron para presentar o proxecto e aos que xa están ofrecendo a súa axuda para poñelo en marcha.

Enlace ao proxecto.

Powered by Drupal - Design by artinet