CONCERTO DE PABLO CARPINTERO e ROSA SÁNCHEZ

O alumnado de música de 2º e 4º ESO tivo hoxe a oportunidade de acudir a un concerto didáctico, dentro da Programación "Compostela Cultura".

A proposta de hoxe titulada MÚSICA E EVOLUCIÓN, foi protagonizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, referentes no mundo da investigación da música galega. 

O tema central deste concerto didáctico foi a explicación da dimensión "biolóxica" da música: a información aportada polo biólogo Pablo Carpintero fainos capaces de comprender a función da música na sociedade e a importancia desta dende un punto de vista biolóxico. A interpretación dos dous músicos, maxistral.

Día para rememorar, sen dúbida.

 

Agradecemos desde o Departamento de Música do IES Poeta Añón, que desde Compostela Cultura se ofreza este tipo de información tan significativa para a rapazada. Convidámosvos a desfrutar con este vídeo, onde poderedes atopar, a grandes rasgos, o espectáculo ofrecido hoxe no Auditorio de Galicia.

 

 

O alumnado tamén puido acudir á exposición "SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA E PROTESTA NA GALIZA".

Trata de reflexionar sobre a necesidade de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. A partir do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas a unha rede extensa de artistas, investigadoras, activistas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet