DÍA DE ROSALÍA 2022

Este mércores 23, celebraremos no IES Poeta Añón o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Ademáis da lectura pública dunha escolma de poesías da autora, o alumnado do centro realizará outras interesantes actividades e pecharase o acto festivo co canto conxunto de "Adiós ríos, adiós fontes", coa coñecida  musicalización que fixo deste poema Amancio Prada.

 

Powered by Drupal - Design by artinet