PASOS A SEGUIR PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E CADERNOS DE FRANCÉS
PASOS A SEGUIR
1- Pinchade o enlace e añadide o(s) libro(s) á cesta
2- Pinchade realizar a compra
3- Precisades crear unha conta cun correo electrónico e un contrasinal (recoméndase que sexa diferente da do correo)
4- Seguide os pasos cubrindo as informacións solicitadas.
Aínda que non parece moi normal para a compra dun libro dixital ter que indicar unha dirección postal, non vos preocupedes, é normal e non chega nada por ahí senón uns códigos ó correo electrónico indicado nun par de días. PREFERENTEMENTE USARASE A CONTA DO ALUMNADO
Unha vez recibidos os códigos de licenzas, o alumnado ten que crear unha conta usando á súa conta de correo propia na Plataforma Blinklearning ( https://www.blinklearning.com/login) para poder usar os libros.
Aquí vos deixo un tutorial para os que non o teñen claro de clase.
https://www.youtube.com/watch?v=cqHsc2WxuhI
Os que teñan dificultades poderán facelo na aula se traen o código recibido e se teñen o seu correo persoal xa activo no ordenador de clase. (posto que a primeira vez que o queiran abrir nun ordenador novo terán que confirmar a súa identidade cunha mensaxe ao móvil de referencia).