O alumnado de 2º ESO que aproba todas materias E-Dixgal en xuño deberá entregar o equipo en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín e cargador) antes do 30 de xuño. Se ten que presentarse en setembro a algunha materia E-Dixgal entregará o equipo antes do 5 de setembro.
No momento da entrega as familias deben asinar o documento facilitado polo centro. Deberán asinar a devolución do equipo aínda que este permanecera no IES.
O alumnado que recibiu ordenadores en préstamo por parte do centro deberá entregalo en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín e cargador) antes do 30 de xuño.
Os estudantes de 1º de ESO continuarán no vindeiro curso 2020-21 en niveis do Proxecto E-Dixgal do Centro polo que poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material en perfectas condicións. Se non precisan o equipo poderán entregalo para que quede custodiado no centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TraspasoEquiposEdixgal1920_familias.pdf | 444.35 KB |