Skip to Content

Edixgal Educación Dixital

Edixgal Educación Dixital

Proxecto Edixgal

Un ano máis continuamos no Proxecto Edixgal en 1º e 2º de ESO. En Espazo Abalar pode atopar máis información sobre o proxecto E-DIXGAL e o seu desenvolvemento.

Tamén dispoñemos de información sobre o Proxecto E-dixgal no IES Perdouro.

Este ano o Folleto para as familias será accesible en formato dixital.

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Proxecto EDIXGAL: segundo curso académico no IES Perdouro (2018-2019)

Finalizado o primeiro ano de implantación no noso centro, o proxecto EDIXGAL continuará aplicándose en 1º e 2º de ESO no curso académico 2018-2019. Se ben a Consellería de Cultura e Educación manifestou, nun principio, a intención de continuar estendendo o proxecto aos cursos máis altos, finalmente optou por mantelo cinguido a 1º e 2º de ESO, polo de agora, a cambio de dar entrada a un maior número de centros.

O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tableta) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, máis apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse na sociedade actual.

E-Dixgal - Entrega de ordenadores

Esta semana estanse entregando os novos e modernos ordenadores do proxecto E-Dixgal ao alumnado de 1º e 2º de ESO, que substitúen aos ultraportátiles Abalar que estaban utilizando desde setembro. E-Dixgal é unha iniciativa que leva á aula unha contorna virtual de aprendizaxe que permite a profesorado e alumnado acceder a contidos dixitais.

Os novos equipos do alumnado poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e levan integrados aplicacións educativas agrupadas por categorías como táboas periódicas, editores de moléculas, dicionarios e aplicacións de circuítos electrónicos, entre outros.

O proxecto EDIXGAL no IES Perdouro

O IES Perdouro incorpórase ao proxecto EDIXGAL a partir do curso 2017-2018

O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (novos dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tablet) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuitos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, mais apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse no século XXI.

Distribuir contido


by Dr. Radut