Este curso participamos no programa "Rutas científicas, artísticas e literarias". A ruta que lle foi asignada ao IES Perdouro foi a que percorre Castela-A Mancha sur e Andalucía centro e sur e que leva por nome "
Ruta dos camiños e o mar romano".
Este programa educativo pretende, ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polo alumnado na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos seus respectivos centros, a través dunha contorna máis experimental e visual. Isto favorecerá non só a formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, medioambiental e social, senón tamén o seu desenvolvemento integral.
O IES Perdouro comparte experiencia co IES Clara Campoamor de Valencia e o alumnado participante dos dous centros realizarán a ruta en común.
Na primeira xornada, a do luns, visitaron os muíños de Consuegra, o castelo de La Muela, as lagoas de Ruidera e a cova de Montesinos. O aloxamento tivérono en Manzanares e alí desfrutaron dunha divertida velada.
Na segunda xornada, visitaron as Tablas de Daimiel, un corral de comedias en Almagro, onde asistiron a unha representación teatral, e logo dirixíronse a Bailén, localidade onde se aloxaron.
Na terceira xornada, o grupo visitou unha almazara en Bailén, na que desfrutaron dunha cata de aceite. Logo, dirixíronse a Córdoba, recibiron unha charla no departamento de Electrónica da Escola Politécnica da Universidade de Córdoba e pasearon por lugares emblemáticos da cidade, entre eles o Zoco.
Podedes ver máis imaxes AQUÍ.