Articles

Xeografía e Historia - Sub Categories

Departamento de Xeografía e Historia

Salve, chegou vostede ao

Pique na imaxe se desexa acceder á información

Programación didáctica

Profesorado

Materias





Aulas Virtuais do Departamento

Pendentes da materia de cursos anteriores

Restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago 
   
   
   
   
   

Charla do alumnado de 3º ESO con Exparlamentarios/as

O alumnado de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 3º ESO, tivo a oportunidade de conversar con tres figuras destacadas da política galega que no seu día exerceron como Parlamentarios no Parlamento de Galiza: María del Mar Barcón Sánchez, Ana Luisa Bouza Santiago e José Luís García Gorostizu. Para nós foi unha honra recibilos no noso centro, e para o alumnado resultou unha actividade moi enriquecedora polo que lles estamos moi agradecidas aos tres.

 

VISITA Á FUNDACIÓN BARRIÉ

 O ALUMNADO DE 4º ESO VISITOU A EXPOSICIÓN DA COLECIÓN PRIVADA DE CALZADO HISTÓRICO DO DESEÑADOR STUART WEITZMAN. 

 

NOVA PROGRAMACIÓN LOMCE CURSOS 2º E 4º ESO

VERSIÓN ACTUALIZADA COAS NOVIDADES DO CALENDARIO DE FIN DE CURSO, DAS PROGRAMACIÓNS LOMCE DO DEPARTAMENTO PARA 2º E 4º ESO

OBRADOIRO CULTURA CLÁSICA

O alumnado de Cultura Clásica de 3° ESO disfrutou dunha charla sobre o papel da muller na antiga cultura grecorromana, poñendo en destaque a súa labor en ámbitos que tradicionalmente lle eran vetados. A charla correu a cargo un ano máis, da Asociación Gallaecia Viva, coa que estamos encantadas/os de poder colaborar.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O alumnado de Valores Éticos de 4º de ESO tivo a oportunidade de visitar o Parlamento de Galicia o pasado xoves 2 de febreiro. Fixeron unha visita guiada polas distintas dependencias da institución, e tiveron a ocasión de coñecer de primeira man o lugar de onde xorden as leis que rexen e rexerán o futuro da nosa comuinidade. Disfrutamos dun día solleiro e agradable do que queda constancia nestas bonitas imaxes.

Visita ao Castro de Elviña

O alumnado de 1º de ESO visitou o Castro de Elviña a semana pasada, nunha actividade que pretende dar a coñecer de primeira man, o pasado da nosa cidade a través do patrimonio arqueolóxico. O roteiro polo xacemento contou co apoio de dúas guías que lles deron a coñecer tanto as diversas estructuras habitacionais que aínda se conservan, como réplicas de diversos obxectos atopados no castro. Unha xornada na que o tempo nos acopañou e fixo da visita unha actividade non só académica, senon tamén de lecer que sen dúbida repetiremos o próximo curso.

 

GRUPOS DE 1º DE ESO VISITAN O CASTRO DE ELVIÑA

Unha parte do alumnado de 1º ESO do IES Otero Pedrayo de A Coruña, visitou esta mañá o Castro de Elviña, nunha xornada na que puideron disfrutar dunha visita guiada polo xacemento prehistórico situado na cidade de A Coruña. Ao longo desta semana continuarán as visitas ata completar os cinco grupos deste nivel.

Recreación do mundo romano con Recreadores de Galicia

A asociación histórico-cultural Recreadores de Galicia participa desde hai moitos anos en certames de recreación histórica por toda España e o estranxeiro. Nos últimos anos colabora cos centros educativos de Galicia na tarefa de aproximar a realidade do mundo romano ao alumnado de Primaria e Secundaria. 

O 26 de abril compartiron connosco a primeira metade da mañá, mostrando ao alumnado de Cultura Clásica de 3º e 4º da ESO a vestimenta típica do mundo romano ou as armas e as técnicas de combate das lexións.

 Rapaces togados