Tecnoloxía

Presentación

 Proxectos Tecnoloxía 1º Ciclo

O departamento de Tecnoloxía no IES Ramón Otero Pedrayo ten unha oferta educativa que abrangue aos catro cursos da ESO.

1º ESO (Tecnoloxía e Dixitalización): 3 horas semanais e de carácter obrigatorio.

2º ESO (Tecnoloxía e Dixitalización): 3 horas semanais e de carácter obrigatorio.

3º ESO (Educación Dixital): 3 horas semanais e de carácter optativo.

4º ESO (Tecnoloxía): 3 horas semanais e de carácter optativo.

4º ESO (Dixitalización): 3 horas semanais e de carácter optativo.

4º ESO (Intelixencia Artificial para a Sociedade): 3 horas semanais e de carácter optativo.

 

Esta materia ten un carácter fundamentalmente práctico polo que as explicacións teóricas se ven complementadas por traballos a desenvolver na aula-obradoiro do noso centro. Nesta aula, chamada Antonio Palacios, os alumnos levan a cabo o deseño e construción dos proxectos cos que plasman os coñecementos adquiridos teóricamente en campos como a Mecánica, a Electricidade, a Electrónica ou a Neumática.

Se queres ver algún dos traballos realizados fai click na Galería e accede ó álbum de Proxectos de Tecnoloxía. 

 Día da Ciencia na Rúa 2008

Profesorado do departamento.

Os profesores que forman parte do Departamento de Tecnoloxía no curso académico 2023-2024 son:

  • Juan Bort Couceiro (Xefe de Departamento)
  • Ángel Meijón Sánchez
  • José Pérez Vázquez
  • Seila Vázquez Vaquero

 

Distribuir contido