IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
TaboleiroINCIO do curso 2024/25O mércores 11 de setembro comeza a actividade lectiva do curso escolar 2024/25. O horario será o habitual, de 8:45 a 14:15h. Funcionarán tamén con normalidade os servizos de TRANSPORTE e COMEDOR. Máis información sobre o inicio de curso, premendo nas ligazóns: - COMUNICACIÓN INICIO de curso 2024-25. - CALENDARIO ESCOLAR 2024-25 cos días lectivos, períodos non lectivos e datas de entrega e comunicación dos sucesivos informes de avaliación. - COMUNICACIÓN REUNIÓNS coas familias curso 2024-25. - MANUAL AbalarMóbil para as familias. - INFORMACIÓN para as familias E-DIXGAL. - DÍPTICO SERVIZO INTEGRAL DE REPARACIÓN con cobertura total contra roturas accidentais. - Información COBERTURA e CONTRATACIÓN SIR (Servizo Integral de Reparación). - Enlace á páxina web na que se contrata o seguro COBERTURA SIR. Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025 - Publicación da listaxe de alumnado en Seccións Bilingües de 1º ESOOs próximos días publicaranse os seguintes anuncios sobre o fondo solidario de libros de texto e os vales de material:
Así mesmo, na mañá do 22 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído das Seccións Bilingües (Ed. Física e Ed. Plástica) de 1º ESO. * Horario de atención ao público do 15 ao 31 de xullo de 9:30 a 13:30h. Servizos complementarios 2024/2025COMEDOR ESCOLAR O 11 de setembro comeza o servizo de comedor. Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering. As inscricións de inicio de curso para darse de alta no mesmo pódense facer entre o 17 de xuño e o 31 de xullo, ambos incluídos, a través da plataforma online. (Máis información) e (inscrición)
TRANSPORTE ESCOLAR O 11 de setembro o horario do transporte é o habitual ao longo do curso. Ruta PONTE PASAXE – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150220) PONTE PASAXE à Avda. Pasaxe - Os Castros* - Avda. de Oza 164* - Avda. de Oza 124* à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO. Ruta SANTA GEMA – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150221) SANTA GEMA à Alcampo - Fabrica de Armas – Avda. Montserrat/Eirís – Oncolóxico – Alto de Eirís* - Canteira de Eirís* à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO. * Paradas a distancia inferior de dous kilómetros e superior a 1km: usuarios excepcionais sempre que haxa prazas vacantes e non precisen incorporación de acompañante. Serán solicitadas xunto coa matrícula. A utilización das mesmas decaerá se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente. No caso de que o número de solicitantes excepcionais excedan o número de prazas vacantes nos vehículos, terán prioridade o alumnado con discapacidade ou menores en idade sobre os maiores en idade cando sexa preciso. Durante os primeiros días de setembro, antes do comezo das clases publicarase no taboleiro de anuncios do centro aquel alumnado que solicitou ser usuario excepcional e non obtivo praza vacante no transporte escolar. Para manter a condición de usuario/a con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2024-2025. Para facer uso do transporte escolar do centro compre figurar na listaxe oficial de usuarios nunha ruta e parada concretas. De non figurar, non poderá facer uso do mesmo e deberá pedir a autorización á dirección do centro. - Solicitude para uso do transporte escolar pdf Próximo remate prazo Fondo solidario libros e axudas material escolar 2024/2025Lembramos que o prazo para a solicitude do fondo de libros e axudas de material escolar para o curso 2024-2025 remata o 21 de xuño de 2024. CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024 Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro. Manual do cidadán - presentación telemática (enlace) Prazo de matrícula - curso 2024/2025O prazo de matrícula para o curso 2024/2025 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 7 de xullo. Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida. Atención preferente nas datas seguintes en horario de 8:30 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis: 1º ESO - 25 e 26 de xuño. 2º ESO - 3,4 e 5 de xullo. 3º ESO - 1 de xuño, 2 e 3 de xullo. 4º ESO - 27 e 28 de xuño. O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula coas notas o 26 de xuño. Para os alumnos/as de nova incorporación a secretaría do centro facilitaranlle os impresos necesarios para formalizar a matrícula. Tamén se pode descargar o formulario para a solicitude de matrícula dende esta páxina web, no menú de Secretaría, Impresos e formularios . Unha vez cumprimentado deberá ser entregado na secretaría do centro xunto co resto da documentación. Pódense descargar tamén outros formularios para solicitudes varias, transporte, taquillas... Entrega de notas avaliación finalA entrega de notas da avaliación final terá lugar o mércores 26 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte: 10.00 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA 10.45 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB 11.30 h – 1ºC, 2ºC, 3ºC, 4ºC 12.15 h – 2ºD, 2ºE, 3ºD, 3ºE e 4ºD Publicación de notas en abalar á 13:00h. Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica e PDC (Programa de Diversificación Curricular). Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios. O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións. Devolución portátiles, libros de texto, chaves e cadeados taquillasDevolución de libros do fondo solidario e de libros prestados polo centro, cadeados e chaves taquillas: XOVES 20 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO VENRES 21 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2024/2025. No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas. Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros. O VENRES 21 o alumnado de 1º de ESO que cause baixa no centro devolverá os equipos E-Dixgal (portátil, funda e cargador). Entrega en administración. Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024 Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro. Manual do cidadán - presentación telemática (enlace) Fondo Solidario de libros de texto. Axudas para adquisición de libros de texto. - Alumnado de EE ou cunha discapacidade superior ou igua lao 65%. 300€. Axudas para adquisición de material. - Alumnado matriculado durante o ano escolar 2024-25 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 €. Prazos. Convocatoria Bolsas Comedor Municipais, curso 2024/2025O 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño). Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos. Toda a información da convocatoria pódese consultar: -na web municipal de servizos sociais (enlace). -na sede electrónica municipal (enlace). -no teléfono 010 de información cidadán. NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Atentamente, Bolsa comedor AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO para alumnado 2º DE ESOEn cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: (enlace)
|
Eventos
|