Familias

Información para as familias

TALLER DE PROBLEMAS CONDUTUAIS

Informamos da próxima realización do Taller para pais que lanzamos neste mes de maio De novo constará dunha sesión teórica e outra práctica, ofrecendo tanto horario de mañá como de tarde, polo que a frecuencia destes talleres será quincenal.O taller centrarase en Problemas de conduta: establecemento de normas e límites. Levarase a cabo o venres 12 e o venres 26 de maio. Horario de mañá 10:30 e horario de tarde ás 19:00.O coste mensual total por persoa (inclúe as dúas sesións) para socios é de 20€, para non socios 40€.Plazo de inscripción ata o 9 de maio a través do contacto 604025589 ou do correo adahpoourense@gmail.com, onde tamén poderán solicitar máis información se o desexan. As plazas son limitadas.Agradecemos difusión e esperamos que este novo proxecto sexa de proveito para as familias.   

INFORMACION COMPLEMENTARIA TRASTORNOS DE COMUNICACION E DA LINGUAXE

1º Estes trastornos deben estar asociados a necesidades educativas especiais. Son alumnos que presentan dificultades de orixe moi diversa para comprender e expresarse que limitan significativamente a aprendizaxe, a interacción e participación social e que requiren apoios específicos e focalizados.

2º Non deben confundirse con outros trastornos que puidesen dar lugar a problemas tamén relacionados con certos aspectos da linguaxe.

Para estes efectos, facilitamos información e criterios que nos proporcionaron técnicos do Ministerio de Educación para que quede claramente acoutado o TRASTORNO DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE a que fai referencia a convocatoria e que están baseados en clasificacións internacionais.

 
TRASTORNOS DA COMUNICACIÓN

Trastorno da linguaxe

A. Dificultades persistentes na adquisición e uso da linguaxe en todas as súas modalidades (falado, escrito, de signos ou outro) debido a deficiencias na comprensión ou á produción:

1. Vocabulario reducido

2. Estrutura gramatical limitada

3. Deterioración do discurso.


B. As capacidades da linguaxe están notablemente por baixo do esperable á súa idade, provocando limitacións funcionais na comunicación eficaz, participación social, logros académicos ou desempeño laboral.

 

C. O inicio dos síntomas prodúcese nas primeiras fases do desenvolvemento.

 

D. As dificultades non se poden atribuír a unha deterioración auditivo ou sensorial, disfunción médica ou afectación neurológica e non se explica mellor por discapacidade intelectual ou atraso global do desenvolvemento.

    • Trastorno fonológico  

    • Trastorno da fluidez de inicio na infancia (tatexo)  

    • Trastorno da comunicación social (pragmático)   

    • Trastorno da comunicación non especificado 

 

Os trastornos graves da comunicación e da linguaxe non deben confundirse cos trastornos específicos da aprendizaxe. Estes últimos non se atopan entre os colectivos aos que se dirixe a convocatoria.

Neste senso, considéranse trastornos específicos da aprendizaxe, segundo a mesma clasificación internacional:

  • Trastorno de aprendizaxe con dificultades na lectura ( dislexia)  

  • Trastorno de aprendizaxe con dificultade na expresión escrita  

  • Trastorno de aprendizaxe con dificultade matemática ( discalculia) 

 

INFORMACION SOBRE ESCOLARIZACION COMBINADA

 

NO CASO DE ESCOLARIZACIÓN COMBINADA O CENTRO TRAMITADOR DEBE SER O CENTRO DE ESTUDIOS ORDINARIO. ( Non o centro de Educación Especial).Nestes casos o orientador deberá informar da idoneidade de complementar os apoios da escolarización combinada con esta convocatoria de axudas de necesidades específicas. Non son incompatibles.

 

ESTUDOS QUE ABRANGUEN AS BOLSAS DO MEC

SE PARA O PROXIMO CURSO (22/23)TEN PREVISTO MATRICULARSE EN:1
  • CFGM. 

  • CFGS.  

  • BACHARELATO.  

  • CICLO FORMATIVO DE GRAO BASICO. 

  • ENSINANZAS ARTISTICAS         PROFESIONALES         (INCLUÍDO O GRAO PROFESIONAL DE  MUSICA). 

  • ENSINANZAS DEPORTIVAS. 

  • ENSINANZAS ARTISTICAS         SUPERIORES. 

  • ESTUDIOS DE IDIOMAS (EN         ESCOLAS OFICIALES). 

  • ESTUDIOS UNIVERSITARIOS CONDUCENTES A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRAO OU DE  MASTER 

  • ESTUDIOS         SUPERIORES EQUIVALENTES A GRAO UNIVERSITARIO. 

  • ESTUDIOS RELIGIOXOS SUPERIORES. 

  • CURSO DE PREPARACION PARA ACCESO A UNIVERSIDADE PARA MAIORES DE 25 ANOS 

  • CURSOS DE ACCESO E CURSOS DE  PREPARACION  PARA AS A PROBAS DE         ACCESO E CURSOS DE FORMACION         ESPECIFICOS PARA O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR IMPARTIDOS EN CENTROS PUBLICOS E         PRIVADOS CONCERTADOS QUE TEÑAN         AUTORIZADAS ENSINANZAS DE FORMACION         PROFESIONAL

  • DEBE CUBRILA-SOLICITUDE. O PRAZO PARA A CONVOCATORIA DE XERAL  REMATA O 12 DE MAIO DE 2022.

  • (UNHA VEZ REMATADO O PRAZO, AS SOLICITUDES REMITIDAS POSTERIORMENTE SERÁN DENEGADAS POLA CAUSA DE FORA DE PRAZO).

1VALIDO SALVO ERRO OU OMISION.

 

 

 

DÚBIDAS PARA AS BOLSAS DO MEC

BIDAS RECOLLIDAS POLA AREA DE ATENCIÓN AO CIDADAN DA SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO1

1)  Podo ter dereito a unha bolsa de estudos se teño o título de bacharelato e quero estudar un GRAO PROFESIONAL DE MUSICA?

 Resposta: Non. Ainda que pode solicitala igual.

 2) ¿Quen é o solicitante os pais ou o alumno?

 Resposta: A/ O solicitante/a sempre é o alumno/a. Se figuran os pais como solicitantes carrexará a denegación da bolsa.

 3) No número de conta do banco ten que figurar o/a alumno/a como titular ou cotitular?

 Resposta: SI

 4) ¿Que é un alumno independente?

 Resposta: E aquel que non depende economicamente dos seus pais, que conta con recursos propios suficientes e cona titularidade/arrendamento da súa vivenda habitual

  • Se vives cos teus pais ou dependes economicamente deles deberar marcar sempre que non e gravar aos membros da túa unidade familiar na folla 2. 

 5) ¿Qué datos académicos se teñen en conta?

 Resposta: Os do útlimo curso realizado

 6)  Unha vez presentada a solicitude a través do sistema on-line ¿Podo modificar os datos?

 Resposta: NON. Debes cubrir unha nova solicitude. A anterior queda automaticamente anulada.

 7) ¿Teño que presentala solicitude na UNIDADE TRAMITADORA?

 Resposta: NON , unicamente que teñas que presentar documentación complementar

 8) ¿Unidade familiar?

Resposta:

  • Debe poñer tódolos membros que compoñan a unidade familiar ao 31 de decembro de 2021

    • Se eres dependente económicamente: pais, irmáns menores de 25 anos  ou maiores discapacitados- e avós sempre e cando vivan na unidade familiar 

    • Se es independente figurarás tí só e, no seu caso, a túa cónxuxe parella unida por análoga relación e os fill@s 

9) Cando poderei modifica-los estudos?

 Resposta:

 Unha vez notificada, a través da sede electrónica, a resolución da baremación económica abrirase un prazo  para pdoer moficalos estudos asi como para cubrir os datos de residencia (no caso de que vivira durante o curso fora da residencia familiar) , así como calquera outra cousa que o MEC considere convinte.

 10) Se o prazo remata o 12 de maio e solicito a BOLSA posteriormente ¿que sucederá?

 Resposta:

 A bolsa será denegada por solicitude fora de prazo

 11) ¿Cómo enviar a documentación complementaria que me requiren?

 A través dos Rexistros Administrativos: 

  • Rexistros Xunta 

  • Rexistros Concellos 

  • Rexistros da Administración do Estado 

  • Rexistros da Deputación Provincial                

  • Por correo postal

  • Ordinario  

  • Certificado (caso de querer constancia de envío)

  • A través da chave 365 (sempre e cando este autorizado/a)

Se quere solicitar cita previa para entregar documentació  nos rexistros da Xunta pode facelo a través do seguinte enlace:

https://www.xunta.gal

1VALIDO SALVO ERRO OU OMISION.

 

 

COMO AXUDAR ÓS NOSOS FILLOS NO ESTUDIO

COMO COMPRENDER E AXUDAR ÓS NOSOS

FILLOS NO ESTUDIO

  • Tendo unha visión positiva da vida, das persoas e do noso propio fillo/a.
  • Interesándose por eles, mantendo unha actitude de diálogo que permita coñecer as súas alegrías, dificultades e problemas
  • Tratando a cada fillo/a de acordo co seu modo de ser e as características propias da súa idade.
  • Valorando positivamente os seus esforzos e calidades persoais e aceptando as súas limitacións e defectos.
  • Animándoos a estudar, resaltando os seus propios progresos e logros (aínda que moitas veces non estean á altura do que nos gustaría), máis que os resultados (É frecuente escoitar ós alumnos dicir " Ós meus pais só lles interesan as notas")
  • Procurando que experimenten progresivamente a utilidade do estudo e a realización persoal que implica, máis que estudar de cara a recibir "regalos" ou para "contentarnos"
  • Propoñéndolles metas e esforzos posibles e realistas; tendo en conta que o ideal (que non sempre se consegue) é que o noso fillo/a chegue a vivir o estudo e a aprendizaxe dun xeito positivo, como fonte de satisfacción e non de frustración.
  • Corrixindo os seus fallos e erros, pero nunca a súa "persoa".
  • Non facendo continuas comparacións con outros fillos, veciños ou compañeiros que teñen mellores resultados acdémicos
  • Evitando proxectar no fillo/a os nosos propios temores e ansiedades, ou compensar os nosos desexos incumpridos.

PREVIR DENDE A CASA

PREVIR DENDE A CASA:

PAUTAS PARA OS PAIS E NAIS PARA

PROMOVER AS RELACIÓNS DE PAZ E IGUALDADE

 



I.E.S. Ramón Otero Pedrayo

A Coruña

Información elaborada polo Departamento de Orientación, a partir da Guía para promover as relacións de paz e equidade, editada polo Dervizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.

  • A televisión educa ós/ás rapaces/as en modelos de comportamento que non sempre son os mellores. Por elo é importante que  pais e fillos/as se senten xuntos a vela; cuestionando a violencia, os modelos de muller e home que se presentan como ideais.
  • Procura momentos para sentarte a falar cos teus fillos/as; que che conten sobre as súas procupacións, intereses, etc...O falar, procura negociar, non impoñer.
  • Pregúntalles polo que queren ser no seu futuro académico e laboral, que materias lles gustan, que profesións,etc...E se iso ten relación con ser home ou muller. Que decidan o seu futuro sen medo ó que dirán.
  • Os/as rapaces/as deben de ver como os seus pais/nais, manteñen relacións de parella sen diferencias entre xéneros, é dicir, relacións de igualdade entre ambos. É a mellor forma de aprender a igualdade de xénero.
  • As tarefas da casa (fregar, limpar, facer as camas,etc...) teñen que ser repartidas dunha forma equitattiva, sen diferenciar entre tarefas de homes e tarefas de mulleres.
  • Na adolescencia é importante marcar límites claros e precisos, os pais e as nais deben de dicirlles que non ás súas demandas en moitas ocasións. Non podemos pretender darlle todo aquelo que queiran. Se non aprenden que hai un posible non, tampouco saberán dicir non ós demáis no seu futuro.
  • Intenta falar cos teus fillos/as sobre a idea que teñen do amor e a parella. Failles entender sobre todo a elas, que o amor é compartir non a sumisión fronte a él, normalmente delas.

GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA FAMILIAS CON ADOLESCENTES

A adolescencia é unha etapa evolutiva de transición entre a puberdade e a idade adulta caracterizada por un gran número de cambios a nivel físico, psicolóxico, social...É unha etapa dura tanto para os nenos e nenas que a están a atravesar como para as súas familias, que se enfrontan a todas estas transformacións con medo e incerteza. Esta guía, editada pola Junta de Andalucía, pretende dar resposta ás dúbidas coas que frecuentemente nos enfrontamos profesorado e famiias.https://drive.google.com/open?id=1rE9R-J0MOmh7YzT9Gxk4WrV16FPRDvxR 

EDUCAR NA RESPONSABILIDADE

Na difícil tarefa de educar é importante que as nosas fillas e fillos vaian adquirindo progresivamente máis responsabilidades. Aquí van algunhas ideas!

 OFRECERLLES RESPONSABILIDADES E NON PREMIALOS SEMPRE POR CUMPLILAS

ENSEÑARLLES A TOMAR DECISIÓNS E A APRENDER DOS SEUS ERROS

FOMENTAR A SÚA INDEPENDENCIA E A SÚAS CAPACIDADE PARA FACER COUSAS

DARLLES EXEMPLOS POSITIVOS XA QUE OS MOZOS APRENDEN MOITO POR IMITACIÓN

FOMENTAR QUE PENSEN DE XEITO CRÍTICO AO LONGO DA SÚA VIDA

ESTABLECER NORMAS CLARAS. ESTABLES,  PARA QUE ELES AS COMPRENDAN

 
Distribuir contido