Taboleiro de novas

BOLSAS e AXUDAS Ministerio de Educación e Formación Profesional - curso 2024/25

BOLSAS ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

Poden solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación aquel alumnado do centro que teña pensado matricularse no curso 2024/2025 nalgún dos seguintes niveis:

     - Bacharelato.     

     - Formación Profesional de Grado Básico.

     - Formación Profesional de Grado Medio.

     - Outros estudos post-obrigatorios. 

 

Moi importante: Pedir a bolsa sempre dentro do PRAZO (do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00h).   

Máis información:  (enlace web Bolsas Educación).

O Prazo para pedir a axuda de necesidade de apoio educativo para o curso 2024/2025 espérase que comeze en maio de 2024.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

 Está dispoñible na web do centro o Punto Laranxa contra o acoso escolar. Picando na icona que o identifica, na marxe esquerda da páxina, accédese a un formulario onde comunicar ao centro calquera situación que se considere constitutiva de acoso escolar ou ciberacoso. Así mesmo existe un Punto Laranxa contra o acoso escolar no corredor do centro, a carón da sala do profesorado.

Tanto o Punto Laranxa físico como o virtual son revisados a diario polo Equipo Directivo do centro, a Coordinadora de Benestar e Convivencia e a Xefa do Departamento de Orientación. Son estas persoas as que deben estudar as comunicacións, clarificar os feitos que nelas se denuncien e decidiren se existen indicios suficientes como para a apertura dun protocolo de acoso escolar.

 

 

Acreditación competencias dixitais alumnado 4ºESO

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dita as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado.

Así, o alumnado matriculado en 4º de ESO no presente curso que obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A proba será en formato online. Constará dunha batería de 60 preguntas (12 por área de competencia) a contestar nun tempo máximo de 90 minutos. Realizarase no mes de maio no centro educativo. Para superala deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

O prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas remata o 15 de marzo. A participación nas probas ten carácter voluntario. A certificación en competencias dixitais do alumnado terá unha validez de cinco anos.

Solicitude inscrición (entregar en administración).

Máis información competencias dixitais.

Demo da proba de acreditación. 

Entrega de notas avaliación final

entrega de notas da avaliación final terá lugar o luns 26 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte:

09.30 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA

10.15 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB

11.00 h – 1ºC, 2ºC, 3ºC, 4ºC

11.45 h – 1ºD, 2ºD, 2ºE, 3ºD 

Publicación de notas en abalar á 13:00h.

Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica e PDC (Programa de Diversificación Curricular). Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.

O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

Devolución portátiles, routers, libros de texto, chaves e cadeados taquillas

LUNS 19 de xuño: último día para a recollida de portátiles e routers prestados polo centro ao alumnado. Entrega en administración.

Devolución de libros do fondo solidario, cadeados e chaves taquillas:

MARTES 20 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO 

MÉRCORES 21 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO

Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2023/2024No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas.

Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros.

Ampliación de axuda adquisición material escolar

Segundo a resolución do 5 de outubro de 2022, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Neste caso, poden vir a recollelo ao centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022

Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación. 

Novidades lexislativas: actualización da orde de avaliación do alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato

 

O 11 de febreiro publicouse no DOG a nova orde de avaliación do alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Pode accederse á devandita orde picando na imaxe. Entre outras novidades a orde recolle os novos requisitos para a promoción de curso na Secundaria e a titulación en 4º ESO. Case todas as novidades con respecto á Secundaria contéñense nos artigos 7-12 da orde.

Outra das novidades da orde é que os departamentos deben elaborar unha adaptación das súas programacións didácticas para o período que vai do 6 ao 22 de xuño. Ese período é de obrigada asistencia para todo o alumnado.

Os departamentos irán publicando esas adaptacións nas vindeiras semanas. O prazo para realizalas expira o 12 de abril.

Reparto de máscaras ao alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

a)  É beneficiario e non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, que as recibirán de oficio.
b)  Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Solicitude  ANEXO I e II

Presentación de solicitudes: só se poderá facer de forma presencial no secretaría do instituto.

Prazo: do 16 ao 27 de novembro.

Documentación: (agás o modelo de solicitude ANEXO I, a documentación é a mesma que a do Fondo solidario de libros)

Poden atopar máis información na Sede electrónica da Xunta de Galicia  PROCEDEMENTO ED330E

Listaxe de taquillas 2020-21

Esta é a relación de solicitudes presentadas coas matrículas e que foron aceptadas; nos días vindeiros entregaremos os cadeados para o uso das mesmas mediante o deposito da fianza, para o que avisaremso por abalar.

As novas solicitudes que se presenten a partir desta data asignaranse por orde da data da solicitude e en función da dispoñibilidade.

A dirección

25 de setembro de 2020

Distribuir contido