Educación Física

Aula virtual - curso 2023/2024

  

As actividades das distintas áreas e cursos do departamento de Educación Física poderán ser realizadas polos alumnos/as a través dos respectivos cursos na aula virtual do centro. 

actividade educativa presencial é complementada cos contidos e recursos facilitados nos respectivos cursos da aula virtual. 

  Entrar aula virtual EF

 Debedes acceder a cada un do cursos co nome de usuario e contrasinal cos que vos rexistrastes na aula virtual do centro.

 

Profesores do departamento - Curso 2023/2024

 

Cristina María de Prada Creo 

- Xefa do departamento.  

- Imparte Educación Física en 1ºESO e proxecto competencial en 3ºESO e 4ºESO. 

  

Pedro Luis Vázquez García  

- Imparte Educación Física en 2ºESO.   

  

 Juan Manuel Vázquez Vilaboa  

- Imparte Educación Física en 3ºESO e 4ºESO.

 

José Carlos Suárez Vázquez  

- Imparte Educación Física sección bilingüe 1ºB e 1ºC

Presentación - curso 2023/2024

A oferta educativa que se fai desde o departamento de Educación Física para o curso 2023 - 2024 abrangue ós catro cursos da ESO. O número de horas semanais e o carácter da materia por nivel son as seguintes:

 

1º e 2º ESO: EF, 3 horas semanais de carácter obrigatorio. //

1º ESO: EF, sección bilingüe inglés. 3 horas semanais para aqueles alumnos que así o elixiron na matrícula. Para este curso 2023-24, configuránse 2 grupos bilingües. incorporando un total de 28 alumnos/as. 

 

 3º e 4º ESO: EF, 2 horas semanais de carácter obrigatorio. 

3º e 4º ESO : Proxecto competencial, 1 horas semanal de carácter optativo.

Pavillón cuberto

 Educación Física (EF): A finalidade última da materia é educar as capacidades motrices dos alumnos. Isto supón desenvolver destrezas e xeitos instrumentais que melloren e aumenten as súas capacidades de movemento a través de habilidades xerais e específicas mediante actividades da mellora da condición física, xogos e actividades deportivas, actividades expresivas e no medio natural.

 

 educación física

 

 Educación Física sección bilingüe inglés (EF inglés): Afondamento e mellora da competencia do alumnado en lingua inglesa a través do seu uso cotián no desenvolvemento das clases de Educación Física incidindo na comunicación entre alumno/a-profesor, e alumno/a-alumno/a, así como a adquisición de vocabulario específico relacionado coa área como pode ser no relacionado coa saúde, o noso corpo e o seu movemento, o estado físico e as capacidades físicas e coordinativas, equipamento e indumentaria deportiva, regulamento e normas de xogos e deportes, habilidades técnicas e estratexias.

 

 

  

 

 Proxecto competencial: Esta materia optativa en  3º e 4º enfócase desde o departamento de EF cara a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado unha serie de competencias que lle permitan, desde a práctica, adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. Encauzaremos estes obxectivos a través do xogo motor en 3º de ESO e o xogo tradicional en 4º de ESO.

 

 

Distribuir contido