Impresos e formularios

Impresos e formularios para solicitudes e trámites diversos

Reclamación ao procedemento de avaliación

Nos adxuntos figuran os modelos oficiais de solictudes de reclamación ao proceso de avaliación; unha vez debidamente cumprimentados e asinados presentaranse na secretaría para o rexistro de entrada. Só se atenderán as presentadas dentro do prazo de reclamacións (as 48 horas posteriores á entrega de notas).

O primeiro dos ficheiros é o modelo para a revisión da cualificación ante o centro. O segundo é o modelo de revisión da cualificación ante a Xefatura Territorial.

Debe lembrarse que só cabe reclamación ante as cualificacións da Avaliación Ordinaria.

Solicitude de matrícula

Desde esta páxina pode descargar as seguintes solicitudes e formularios:

O impreso para a solicitude de matrícula.

Solicitudes de modificación da matrícula.

Exención de Lingua galega e Ed. Física.

Validación de Música ou dunha materia optativa.

Formularios de comunicación ao centro de autorizacións varias, de autorización a terceiras persoas para a recollida do/da alumno/a no caso de indisposición e para a recollida ordinaria ás saídas.

Lembre que deberá achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas. Unha vez cubertos os documentos, deberanse imprimir e presentar na secretaría do centro. 

   Solicitude de matrícula: instrucións, impreso, autorizacións varias coa matrícula e autorización a terceiras persoas en caso de indisposicións.

   Solicitude de exención da materia de Lingua galega  pdf

   Solicitude de validación da materia de Música ou dunha optativa pdf 

   Solicitude de exención da materia de Educación física  pdf

   Autorizacións a terceiras persoas recollida ás saídas pdf

   Solicitude de baixa pdf

Instancia xeral e solitudes de servizos

Nos documentos PDF seguintes dispón de impresos para solicitudes varias: Modelo de instancia xeral, uso excepcional do transporte, asignación dunha taquilla, .... Unha vez descargado o formulario que lle interese e cuberto, deberá presentalo na secretaría do centro xunto doa documentación que corresponda ou que estimen oportuna.

   Instancia xeral pdf 

   Instancia xeral (representante)  pdf

   Solicitude para uso do transporte escolar pdf 

   Solicitude para a asignación dunha taquilla pdf

   Solicitude de uso de instalacións ou local do centro pdf

 

Solicitude de certificación

Solicitude de certificación académica ou de matrícula en liña. Emitirase o certificado, se os datos da solicitude concordan aos do arquivo, poderán recoller o certificado na secretaría do centro (En ningún caso se envían por e-mail). As solicitudes introducidas antes das 10.00 a.m. serán atendidas no seguinte día lectivo, no caso contrario, no segundo día lectivo.

Distribuir contido