Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

CAMPIIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓN. 24 ABRIL 2024.

O mércores 24 de abril o alumnado de 4º ESO participou no Campionato Provincial de Orientación en Porto do Son. O equipo de cadete femnino quedaron de segundas e individualmente Alba González quedou de 2ª, África Vieites de 4ª e o resto de compañeiros e compañeiras moi boas posicións. Parabéns a todos e todas!!!

VISITA SOGAMA E ANDAINA NO XARDÍN BOTÁNICO DE CERCEDA. 17 ABRIL 2024.

O alumnado de 1º ESO visitou as instalacións de SOGAMA e o Xardín botánico de Cerceda, donde fixeron unha andaina a carón do río Cabancos. Logo, xogaron e descubriron  a maxia do Xardín Botánico.

SEMANA DE XOGOS TRADICIONAIS. Alumnado de 3º e 4º ESO. MARZO 2024.

Alumnado de 3º e 4º de Proxecto Competencial descubriron os xogos tradicionais galegos durante a semana do 11 ao 19 de marzo grazas ao material prestado polo Servizo de Deportes de A Coruña e o do propio do instituto. Xogaron a Rá, Petanca, Chave, Bolos Celtas...disfrutando das xornadas e do bo ambiente.

II TORNEO INTERCENTROS RUGBY CINTA. 2º ESO. MARZO 2024.

76 alumnos e alumnas de 2º ESO acudiron a Acea de Ama participar no II encontro intercentros de Rugby. Foi unha xornada moi divertida donde reinou o compañeirismo e o bo ambente.

Andaina e recollida de lixo en santa Cruz do alumnado de 1º ESO en febreiro 2024.

O mércores 28 de febreiro  74 alumnos e alumnas de 1º ESO  foron a Santa Cruz (Oleiros) a facer unha limpeza da praia enfrente do Castelo e tamén unha andaina ata a praia de Bastiagueiro polo parque das 13 rosas. O alumnado recolleu 60 kilos de lixo de todo tipo, principalmente plásticos.

Taller de Fútbol Gaélico para os cursos de 1º,2º e 3º ESO en xaneiro 2024.

Dende o 23 ao 29 de xaneiro, adestradores de Fútbol Gaélico da equipa de Fillos de Breogán da Coruña, ensinaron ao alumnado de 1º,2º e 3º ESO os conceptos básicos e regulamento deste deporte tan descoñecido aquí e tan popular en Irlanda. O alumnado do IES participou e adestrou, xogando o derradeiro día un pequeno partido.

Andaina do alumnado de 4º ESO ás Fragas do Eume a semana do 22-25 de xaneiro 2024

O alumnado de 4º ESO visitou as Fragas do Eume, facendo unha andaina de 6 kilómetros ata o Mosteiro de Caveiro.  Previa a parte práctica, o alumnado tivo unha charla informativa sobre a flora e fauna das Fragas impartidas polo persoal do CEIDA de Santa Cruz (Oleiros).

Semana Branca d0 6-13 xaneiro 2024.

50 alumnos e alumnas de 3º ESO foron do 6 ao 13 de xaneiro á estación de esquí Soldeu El Tarter en Andorra. Alí aprenderon a esquiar e a desfrutar da neve.

VISITA AO McFIT EN NOVEMBRO 2023.

O alumnado de 4º de ESO visitou os días 20, 21 e 22 de novembro o centro deportivo McFIT para coñecer as súas instalacións e practicaron diferentes actividades de adestramento físico.

Ainda están con maniotas!

NO ROCÓDOMO DE RIAZOR CON 1º ESO. OUTUBRO 2023

O 25,26 e 27 de outubro, o alumnado de 1º ESO foi a escalar ao rocódromo de Riazor. Cando chegaron, houbo unha charla para explicar as normas de seguridade, as diferentes modalidades de escalada e os nomes do material a utilizar e despois foron ao rocódromo a escalar e o fixeron fenomenal. O deron todo!!!.  O venres, veu con nós Hadrián Pérez de 4º ESO que é 1º de Galiza e  2º de España na modalidade de escalada de velocidade e fixo unha demostración alucinante. 

 

Distribuir contido