Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

AZUCRE – O VELENO SILENCIOSO

“A diabetes tipo II ten un pico de incidencia entre os 12 e 16 anos e prodúcese fundamentalmente por factores como a obesidade e a resistencia á insulina, hormona que regula os niveis de azucre en sangue”. “Isto supón a aparición de complicacións agudas e crónicas máis frecuentes e precoces que noutras idades como son a retinopatía (causa de cegueira), enfermidade hepática, insuficiencia renal (que precisa diálise), neuropatía…etc. Estas complicacións, asociadas ás patoloxías que adoitan presentar estes pacientes supón unha perda de esperanza de vida de 15 anos". (Sierra Gutiérrez, pediatra diabetóloga).

O elevado consumo de azucre é un risco potencial para a saúde e gran cantidade de produtos da industria alimentaria teñen unha importante cantidade “oculta” do mesmo. Todo isto é o que estamos a aprender en 3º ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía e 4º ESO en Cultura Científica.

A continuación vemos unha mostra das exposicións que fixemos no corredor central do instituto o grupo de 4º A, para concienciar ao resto da comunidade educativa:

          

            

      

XORNADAS DE INICIACIÓN Á ESCALADA

Estes días os 5 grupos de 1ºESO fomos de visita ás instalacións da cidade deportiva de Riazor para practicar escalada en rocódromo gracias a AMI (Agrupación de Montañeros Independientes), que teñen moita experiencia e unha escola de escalada e montaña:  https://amimontanismo.es/

Aprendéronnos as bases técnicas para escalar un rocódromo, materiais que se empregan, os diferentes tipos de escalada que existen e a gran importancia de coidar o medio natural para continuar desfrutando del e das posibilidades que nos ofrece para a práctica de moitas actividades deportivas. ¡Infinitas grazas por todo!

        

        

HÁBITOS NOCIVOS NA SAÚDE

Os grupos de 2ºESO estivemos a traballar nas consecuencias de malos hábitos relacionados co consumo de sustancias nocivas sobre o noso corpo e saúde. Ademáis da labor de investigación, fixemos exposicións para concienciar a outros grupos do instituto.

 

RECREOS ACTIVOS - COMPETICIÓNS

Dende que comezou o curso estase animando ao alumnado do centro a aproveitar o seu tempo de recreo facendo actividades deportivas con distinto material que teñen dispoñible. Agora que a covid está a dar algo máis de “respiro” dende que volvimos das vacacións do Nadal, aproveitamos para engadir o formato competición. Comezamos cos 3 grupos de 4º ESO, que están a participar entre eles/as nunha liga de bádminton, aproveitando que estiveron practicando recentemente este apaixonante deporte nas clases de Educación Física.

 

Empregar os recreos nestas actividades aporta numerosos beneficios ó alumnado, entre outros aumenta a súa concentración para a seguinte clase porque o exercicio moderado potencia as funcións cognitivas. Velaquí dous enlaces á noticia, sobre o estudo do Centro de Investigación do Deporte (CID) da Universidade Miguel Hernández (UMH) de Elche, de hai 4 meses, feito a rapaces/as de 13-17 anos, idade dos/as nosos/as escolares.

 

https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20180115/4440185628/deporte-mejora-rendimiento-escolar.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2021/10/03/clases-educacion-fisica-deberian-colocarse-justo-asignaturas-requieren-mayor-atencion/00031633271220556618460.htm

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

Os rapaces/as de 1º ESO recordamos tamén na materia de Educación Plástica a importancia de manter uns hábitos de vida saudables e que hábitos nocivos coma o sedentarismo ou o consumo de tabaco e bebidas alcohólicas teñen efectos moi negativos no noso benestar físico, psíquico e tamén social.

 

Velaquí un exemplo de traballos voluntarios feitos por varios de nós:

                     

 

XORNADAS DEPORTIVAS - FIN 1º TRIMESTRE

No instituto celebramos a chegada das festas de Nadal o pasado martes 21 cunha xornada deportiva. Ó longo de todo o día os alumnos/as de todos os cursos e tamén o profesorado foron pasando polo pavillón e patios exteriores para desfrutar da práctica de diferentes xogos populares e tamén deportes que estiveron traballando ao longo deste 1º trimestre nas clases de Educación Física.

 

      

 

    

 

Esperamos que desfrutedes destas festas con responsabilidade, e por suposto non vos esquezades da importancia de manter unha vida activa tamén durante as vacacións.

 

¡¡ Bo nadal !!

 

VISITA AO XIMNASIO MCFIT A CORUÑA

O ximnasio que temos ao carón do instituto deunos a oportunidade de visitarlles e coñecer de primeira man as súas instalacións e oferta de actividades. Os alumnos/as de 4º ESO coñecemos unha nova posibilidade de práctica de actividade física para o tempo de lecer. Recordáronnos a importancia de manter un estilo de vida activo e ademáis Miriam Rumbo deunos unhas clases dirixidas moi animadas e completas.

¡¡Moitas grazas por todo!!

 

          

          

PUNTILLISMO “SAUDABLE”

A profesora Cillas estanos a recordar en 1º ESO a importancia do consumo de froitas e verduras como base da nosa alimentación mediante o puntillismo, técnica de pintura artística innovadora e sorprendente que nos permite crear unha obra completa punto a punto, velaquí algúns exemplos do traballo que fixemos.

 

           

 

          

 

Aproveitamos para recordar a estreita relación entre alimentación, actividade física e saúde. As vitaminas e minerais presentes nos alimentos vexetais axúdannos a fortalecer tódalas células, órganos e sistemas do corpo.

¡¡ ARRINCANDO MOTORES !!

Este curso a pandemia estanos a dar algo máis de “respiro”, así que dende o instituto queremos aproveitar para aumentar a cantidade de actividade física que fan os nosos/as escolares tanto dentro como fóra do centro, porque xa sabemos dos moitos beneficios que ten para a súa saúde física e tamén psíquica. Todo isto sen esquecernos da necesidade dunha correcta alimentación, descanso e hixiene persoal.

Neste apartado iremos informando tanto alumnos/as como profesores/as sobre contidos relacionados cos hábitos de vida activa e saudable que estamos a levar a cabo os distintos departamentos colaboradores neste proxecto.

 

 

Para comezar o curso, reimplantamos os "Recreos Activos" en todos os cursos, onde animamos a participar aos rapaces/as no tempo de recreo en actividades deportivas con distinto material que teñen dispoñible, simplemente cumplindo unhas normas de bo uso e comportamento.

 

Distribuir contido