IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Radio patioIII Edición do Premio Isabel Zendal de Pensamento CríticoSeica o pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que o profesorado pode transmitir nunha aula. A alumna Andrea Casalderrey, de 3º ESO, recolleu o luns 28 de xuño o 3º premio na III Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato, organizados pola Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña.
» Podcast do programa de radio "A fume de carozo"O alumnado de 2º da ESO protagonizou o programa número 272 de "A fume de carozo", que se emitiu o 28 de maio de 2019 na emisora Cuac FM. O guión do programa foi elaborado por Félix Longueira e Susana Ferreira, do departamento de Xeografía e Historia, a partir de textos elaborados polo alumnado de Valores Éticos. O programa foi presentado polas seguintes alumnas e alumnos de 2º ESO: Fátima Blanco, Lidia Bodelón, Paula Gallego, Daniel Rodríguez, Sofía Scaniello, Yenni Acosta, Irene Bodelón, Víctor Casas, Claudia Núñez, Xavier Loureiro e Daniella Rentería. OteroTeatroUn grupo de alumando da materia de AED de 4ºESO, contitúen o elenco de Otero Teatro, dirixido por Juan Pérez Berná, representan no CC Monelos a "Julieta Vampira". A fume de carozoSe non poidestes escoitar A fume de carozo en directo? Eis o podcast do programa Este foi o programa número 244 de "A fume de carozo", que se emitiu o 8 de maio de 2018. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. O programa tratou sobre a igualdade, e foi coordinador polo profesor Félix Longueira Fafián. O alumnado de 2º ESO que participou na locución foi o seguinte: Irune Pereiro, Álvaro Santalucía, Julián Seijas, Yenni Acosta, Daniel Maderuelo, Carla Novo, Aitana Ramallo, Jorge Ramírez, Nour Boubekeur, Álvaro Devesa, Samuel Domínguez, Hugo Mendoza e Eric Vázquez. Félix Longueira Fafián Concurso literario Rita Suárez Amado
Premio "Sen adiccións ...un bo plan"
Felicitación Nadal 2017
Explica-Geografía con tus fotosCurso 2016-17 Parabéns a nosa alumna Lucía Trillo Costa de 3º ESO, e o seu profesor Don Félix Longueira Fafián, que participará na fase nacional do V Concurso “Explica-Geografía con tus fotos” da Asociación de Geógrafos Españoles e ten como obxectivo despertar e fomentar a interese pola fotografía como medio para o coñecemento xeográfico e a explicación do territorio e a paisaxe no alumnado e o profesorado de tódolos niveis académicos. Lucía Trillo Costa, de 3º ESO B, foi premiada na fase galega do V Explica Xeografía coas túas fotos, con este magnífica fotografía e o texto que se acompaña. Parabéns! A fotografía foi tomada na tarde do 27 de novembro do 2016 na praia de Boca do Río, no concello coruñés de Carnota. Esta praia ten una extensión duns 7 km. Ao fondo vemos o Monte do Pindo. Este monte granítico ten unha altura de 627 metros. Diante do monte vemos a desembocadura do regato Valdebois atravesando a praia ata ó mar. No verán é un lugar moi visitado xa que ten propostas moi atractivas: rutas de sendeirismo, numerosas praias, gastronomía local. A paisaxe desta praia contémplase na súa totalidade desde o mirador de Lira. Cara a dereita, podes ver desde o cabo de Fisterra á praia de Carnota e, no lado esquerdo, a península de Barbanza.
Olimpíada Matemática 2017
Parabéns ás nosas alumnas Rita Claviño Leis e Uxía costa Pailos clasificadas para a fase final galega da Olimpíada Matemática Galega de 2ºESO a celebrar en Lugo o xoves 18 de maio. Camiños de SombraXian Lois Alcayde Dans (alumno deste centro do 2010 ao 2014) presenta o seu libro Camiños na Sombra, gañador do Premio Balbino de Literatura |
Eventos |