![]() IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
BenvidaBenvidos á web do IES Ramón Otero Pedrayo.
IES Ramón Otero Pedrayo Avda de Monelos 10A 15008 A Coruña 881 960 960 ies.otero.pedrayo.coruna@edu.xunta.gal Horario de atención presencial e/ou telefónica en AGOSTO de 10:00 a 13:00h. 1 de setembro retornamos ao horario habitual, Moi bo verán a todos/as!! BOLSAS Comedor - curso 2022/23
As persoas beneficiarias que desexan renunciar á bolsa deberán manifestalo expresamente mediante presentación de escrito no rexistro municipal do 10 ao 24 de agosto, ambos incluidos. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptan a axuda concedida. Máis información: (enlace). SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 2022-2023COMEDOR ESCOLAR
Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering. As inscripcións de inicio de curso poderán realizarse desde o día 10 ao 30 de agosto na web da empresa (enlace) (apartado área clientes e centro escolar). As claves para acceder á área privada son Usuario: oteropedrayo e Contrasinal: comedores2022 TRANSPORTE ESCOLAR
Neste curso entra en vigor novos contratos de transporte escolar. Ao mesmo tempo levouse a cabo unha tarefa de optimización e reordenación das rutas. No noso centro hai uns pequenos cambios nas mesmas: Ruta PONTE PASAXE – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150220) PONTE PASAXE à Avda. Pasaxe - Os Castros* - Avda. de Oza 164* - Avda. de Oza 124* à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO. Ruta SANTA GEMA – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150221) SANTA GEMA à Alcampo - Fabrica de Armas – Avda. Montserrat/Eirís – Oncolóxico – Alto de Eirís* - Canteira de Eirís* à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO. * Paradas a distancia inferior de dous kilómetros e superior a 1km: usuarios excepcionais sempre que haxa prazas vacantes e non precisen incorporación de acompañante. Serán solicitadas xunto coa matrícula. A utilización das mesmas decaerá se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente. No caso de que o número de solicitantes excepcionais excedan o número de prazas vacantes nos vehículos, terán prioridade o alumnado con discapacidade ou menores en idade sobre os maiores en idade cando sexa preciso. Durante os primeiros días de setembro, antes do comezo das clases publicarase no taboleiro de anuncios do centro aquel alumnado que solicitou ser usuario excepcional e non obtivo praza vacante no transporte escolar. Para manter a condición de usuario/a con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2022-2023. Para facer uso do transporte escolar do centro compre figurar na listaxe oficial de usuarios nunha ruta e parada concretas. De non figurar, non poderá facer uso do mesmo e deberá pedir a autorización á dirección do centro. - Solicitude para o uso do transporte escolar (pdf) - Solicitude de autorización excepcional (dist<2km) (pdf) Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2022-2023 / Publicación da listaxe de alumnado en Seccións Bilingües de 1º ESOos próximos días publicaranse os seguintes anuncios sobre o fondo solidario de libros de texto e os cheques de material:
Así mesmo, na mañá do 22 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído das Seccións Bilingües (Ed. Física e Ed. Plástica) de 1º ESO. Ante calquera dúbida ou erro na listaxe poderán dirixirse ao Xefe de Estudos, Félix Longueira. * Horario de atención ao público en xullo de 9:30 a 13:30h. BOLSAS Comedor - curso 2022/23
Publicación listaxe coa proposta provisional de concesión e denegación de bolsas municipais de comedor para o curso 2022/2023. Máis información: (enlace). Premios VII Concurso de Debuxo Picasso CoruñésOs alumnos Leire Picó, Cristian Romero e Álex Torres foron galardoados o pasado 21 de xuño cun accésit no VII Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, organizado pola Asociación de Prensa de A Coruña. Asesorado pola súa profesora de Plástica e Reforzo de Linguas, Cillas Rodríguez, o alumnado realizou unha reinterpretación do Guernica de Picasso con iconografía de Ucraína. O propósito do traballo era a denuncia da guerra e máis recensións sobre a Covid e as Redes Sociais na Pandemia. A obra estará exposta xunto co resto de obras gañadoras na Casa Museo Picasso ata o 10 de xullo. A entrega de premios mereceu unha noticia en La Voz de Galicia, que se pode ler picando na ligazón. Libros de texto - curso 2022/23
No seguinte documento adxunto pode consultar a relación de libros de texto e outro material curricular para o curso 2022-2023 aprobada para cada un dos niveis educativos. Os libros en préstamo serán entregados ao alumnado entre o 12 e o 23 de setembro de 2022. Prazo de matrícula - curso 2022/23O prazo de matrícula para o curso 2022-2023 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 25 de xuño ao 10 de xullo. Atención preferente nas datas seguintes en horario de 8:30 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis: 1º ESO - 27,28 e 29 de xuño 2º ESO - 6,7 e 8 de xullo 3º ESO - 4 e 5 de xullo 4º ESO - 30 de xuño e 1 de xullo De non formalizar a matrícula no período establecido, entenderemos que renuncia á praza. O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula coas notas o 27 de xuño. Para os alumnos/as de nova incorporación a secretaría do centro facilitaranlle os impresos necesarios para formalizar a matrícula, solicitude de matrícula e ficha do alumno. Tamén se pode descargar o formulario para a solicitude de matrícula dende esta páxina web, no menú de Secretaría, Impresos e formularios . Unha vez cumprimentado deberá ser entregado na secretaría do centro xunto co resto da documentación. Pódense descargar tamén outros formularios para solicitudes varias, transporte, taquillas... Entrega de notas avaliación finalA entrega de notas da avaliación final terá lugar o luns 27 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte: 09.30 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA 10.15 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB 11.00 h – 1ºC, 2º C,3ºC, 4ºC 11.45 h – 1ºD, 2ºD 12.30 h – 1ºE Publicación de notas en abalar á 13:00h. Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica. Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios. O prazo de reclamacións abranguerá os días 28 e 29 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.
Devolución libros de texto, chaves e cadeados taquillasMARTES 21 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO MÉRCORES 22 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2022-2023. No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas. Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros.
![]() |
Eventos
|