Xornada de portas abertas para responsables do alumnado de 6º Educación Primaria

O IES Ramón Otero Pedrayo convoca unha xornada de portas abertas para as persoas responsables de alumnado de 6º de Primaria, a fin de que poidan coñecer o centro. Á xornada poderá acudir calquera nai, pai ou responsable legal dun/dunha alumno/a de 6º de Primaria, aínda que non pertenza a ningún dos centros adscritos de primaria.

A xornada celebrarase o luns 22 de xaneiro, a partir das 19:30h. Na xornada estarán presentes o Director, o Xefe de Estudos e outro profesorado do centro.

Por razón de control do aforo, rógase que confirmen a súa asistencia cubrindo o formulario nesta ligazón.

Picando na ligazón da imaxe, poden acceder a unha breve presentación sobre algúns aspectos de organización e funcionamento do centro.

Actualización normativa sobre o uso de teléfonos móbiles e novo protocolo de actuación contra o acoso e o ciberacoso

Nas primeiras semanas de xaneiro do 2024 a Consellaría de Educación actualizou a normativa sobre o uso de teléfonos móbiles nos centros educativos e o protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar. Así mesmo, publicouse a orde que regula a avaliación de diagnóstico en 2º ESO.

PUBLICACIÓN REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES | CEIP de Galán

O primeiro dos documentos recomenda a prohibición do uso de teléfonos móbiles por parte do alumnado durante toda a xornada escolar. Enténdese por xornada escolar os períodos lectivos (as clases) e os períodos non lectivos, é dicir, as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares. En suma, para o noso centro esta actualización normativa supón escasa novidade, posto que o artigo 127 das Normas de Organización e Funcionamento do centro xa determinaba que "durante a xornada escolar, o alumnado deberá manter inactivos e debidamente gardados os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo en toda o recinto e dependencias do centro".

O segundo dos documentos supón a modificación do protocolo de actuación contra o acoso e o ciberacoso vixente desde o ano 2018. Entre outras novidades, recolle a creación nos centros educativos dun equipo ACAE, é dicir, de actuación contra o acoso escolar.

Ese equipo estará composto por un mínimo de tres profesoras/es do centro: a persoa que ostente a Xefatura do Departamento de Orientación, o/a Coordinador/a de Bienestar e outro/a profesor/a a designar pola Dirección do centro para o estudo de cada caso concreto de presunto acoso. Será o equipo ACAE, en coordinación coa Dirección do centro, quen decida se existen suficientes indicios de acoso como para abrir un protocolo.

Así mesmo, determínase a creación dun "Punto Laranxa" onde calquera membro da comunidade educativa poderá sinalar presuntos casos de acoso. Os Puntos Laranxa deberán ser tanto físicos como virtuais.

En canto ás avaliacións de diagnóstico, a LOMLOE estabelece que se realizarán en 4º de Primaria e 2º da ESO. Participará nelas todo o alumnado do nivel. A proba, que carece de efectos académicos e só ten valor informativo, non ten aínda unha data fixada. 

No desenvolvemento da proba “os centros educativos contarán co apoio dunha plataforma informática”. Unha vez corrixida, os centros recibirán un informe, que deberá ser valorado pola CCP. Esa valoración trasladarase “aos diferentes órganos de coordinación didáctica do centro e ao Consello Escolar do centro, coa finalidade de que se leve a cabo a súa análise e se propoñan medidas de mellora”.

Nos anexos están dispoñibles os catro documentos citados (artigo 127 das NOF, orde sobre o uso de teléfonos móbiles, protocolo de actuación contra o acoso e orde que regula as avaliacións de diagnóstico).

Postal gañadora do concurso de felicitacións de Nadal

O xoves 21 de decembro, ás 13 horas, faranse públicas en Abalar as cualificacións do alumnado da 1ª Avaliación. Ese mesmo día entregaranse os boletíns de cualficación en papel. O resgardo deberá entregarse debidamente cumprimentado ao/á profesor/a titor/a á volta das vacacións de Nadal.

Como todos os anos por estas datas, a Equipa de Dinamización da Lingua Galega promoveu un concurso de postais de Nadal. Coa postal gañadora deste ano, realizada pola alumna Olivia Avendaño López, aproveitamos para desexar unhas boas festas e feliz Aninovo a toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo.

 

BOLSAS USA 2024-25

Publicado o PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024-25 no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, que ten por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións

- Estar en posesión do documento nacional de indentidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).

- Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña.

- Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro do Concello da Coruña, no presente curso 2023-24.

- Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.

- Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto desde o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos.

Máis información (enlace)

INICIO do curso 2023-2024

luns 11 de setembro comeza a actividade lectiva do curso escolar 2023/24. O horario será o habitual, de 8:45 a 14:15h. Funcionarán tamén con normalidade os servizos de TRANSPORTE e COMEDOR

Máis información sobre o inicio de curso, premendo nas ligazóns:

- COMUNICACIÓN 1 curso 2023-24

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24 cos días lectivos, períodos non lectivos e datas de entrega e comunicación dos sucesivos informes de avaliación.

EXAMES TRIMESTRAIS DE PENDENTES. Datas reservadas polas tardes para facer exames presenciais no caso do alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores.

- COMUNICACIÓN 2 curso 2023-24.

- MANUAL AbalarMóbil para as familias.

- INFORMACIÓN para as familias E-DIXGAL.

- DÍPTICO SERVIZO INTEGRAL DE REPARACIÓN con cobertura total contra roturas accidentais.

- Información COBERTURA e CONTRATACIÓN SIR (Servizo Integral de Reparación).

- Enlace á páxina web na que se contrata o seguro COBERTURA SIR.

NORMAS DE USO ordenadores E-DIXGAL

BOLSAS Comedor - curso 2023-2024

Bolsas comedorPublicación listaxe definitiva de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Con esta publicación ábrese o prazo de interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes, do 10 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos

Máis información: (enlace).

BOLSAS Comedor - curso 2023/24

Bolsas comedor 

Publicación, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, da listaxe de requerimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais de comedor para o curso 2023/2024. Prazo para a presentación da documentación requirida ata o 6 de xullo.

Enlace á listaxe no taboleiro de anuncios do Concello(enlace).

Premios VIII Concurso de debuxo Picasso

enlace á exposición

O alumnado de Educación Plástica de 1º e 3º traballou ao longo do segundo trimestre nun proxecto artístico baseado no xornal e na estética de Picasso, segundo as bases do VIII Concurso de Debuxo Picasso.

Tratábase de inventar unha portada de xornal con varias noticias acompañadas de ilustracións inspiradas na pintura de Picasso. Os proxectos foron dirixidos por Lola García Saavedra, profesora da materia.

Os mellores traballos foron presentados ao concurso. Resultaron premiadas con senllos accésit dúas alumnas de 1º ESO C, Lucía Rama e Lucía Torres, e outras dúas de 3º ESO B, Valeria Medina e Noelia Manzaneque.

Os traballos están expostos na Biblioteca González Garcés. Se non podedes ir á exposición, sempre podedes mirar o vídeo que se abre picando na imaxe.

 

Listaxe definitiva de admitidos - Curso 2023/2024

listaxe definitiva de admitidos, tras o proceso ordinario de admisión, encóntrase exposta no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio principal.

Así mesmo, poden realizar a consulta a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Incorporación do IES Otero Pedrayo ao Proxecto Edixgal

O IES Otero Pedrayo incorporarase ao Proxecto Edixgal no curso 2023/24. A incorporación será paulatina: o curso vindeiro participará unicamente o alumnado de 1º ESO. Nos cursos seguintes iranse incorporando os demais niveis do centro. No curso 2026/27 todos os niveis do centro estarán incorporados ao programa.

O programa Edixgal supón que a maior parte do material de traballo das materias (libros de texto, probas, recursos didácticos creados polo profesorado...) estará dispoñible en soporte dixital. Participarán do programa todos os departamentos didácticos do centro, agás Inglés, Francés, Física e Química e Lingua Castelá.

Para a consulta do material todo o alumnado participante ten dereito a un ordenador portátil na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo. Este portátil será proporcionado polo centro, unha vez asinado o compromiso para o uso axeitado do mesmo.

Pode consultar máis información acerca do Programa Edixgal na páxina corporativa da Consellaría de Educación.

Distribuir contido