![]() IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Incorporación do IES Otero Pedrayo ao Proxecto Edixgal
O programa Edixgal supón que a maior parte do material de traballo das materias (libros de texto, probas, recursos didácticos creados polo profesorado...) estará dispoñible en soporte dixital. Participarán do programa todos os departamentos didácticos do centro, agás Inglés, Francés, Física e Química e Lingua Castelá. Para a consulta do material todo o alumnado participante ten dereito a un ordenador portátil na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo. Este portátil será proporcionado polo centro, unha vez asinado o compromiso para o uso axeitado do mesmo. Pode consultar máis información acerca do Programa Edixgal na páxina corporativa da Consellaría de Educación. |