IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
ExposiciónsENTROIDO 2024Rematados os mandatos do Meco, o venres 9 febreiro chegou a xornada Celebración do Entroido no instituto, organizada pola EDLG e a Coordinación de Convivencia.. Foi unha mañá chea de ledicia e celebración. No concurso de grupos participaron 16 dos 17 cursos, moitos con coreografía e escenificación incluídas e todos con ideas e disfraces estupendos. Moito traballo en equipo no que o alumnado demostrou que se pode convivir en armonía, traballando en grupo, escoitándose, chegando a acordos, incluíndo e obtendo resultados. Moitas grazas ao profesorado e persoal non docente pola colaboración que fixo posible esta celebración. Tamén moitas grazas ao alumnado que participou no xurado, na presentación dos grupos e na colocación do mobiliario ao principio e recollendo ao final. Os gañadores do concurso foron:
No seguinte enlace hai un video co resume do concurso:
CONCURSO "DEBUXANDO CIENTÍFICAS"DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Rematou o concurso de debuxos sobre Científicas, concurso para conmemorar o "11 FEBREIRO: Día Internacional da muller e da Nena na Ciencia". OS DEBUXOS ESTARÁ EXPOSTOS NO 1º ANDAR DO EDIFICIO PRINCIPAL .Debuxos premiados 1º CICLO: Dora Noemí Yañac Anchari (1º ESO B) 2º CICLO: Valeria Medina Silva (4º ESO C) III Edición do Premio Isabel Zendal de Pensamento CríticoSeica o pensamento crítico é unha das habilidades máis valiosas que o profesorado pode transmitir nunha aula. A alumna Andrea Casalderrey, de 3º ESO, recolleu o luns 28 de xuño o 3º premio na III Edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato, organizados pola Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña.
» ODA Á ALEGRÍA (EN CONFINAMENTO)Os alumnos e alumnas do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña interpretan dende o seu confinamento a Oda á Alegría. Bo NadalPostal gañadora do Concurso de postais de Nadal 2018 - Nour Boubekeur Hamici (3ºESO) Bo Nadal 2017Como todos os anos, o alumnado do centro participou no concurso de postais. O gañador este ano foi José Pazos, alumno de 4º. Bo Nadal desde o IES Ramón Otero Pedrayo.
|
Eventos |