A nosa Biblioteca

A BIBLIOTECA ESCOLAR DO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO

A NOSA BIBLIOTECA

 A biblioteca do IES Ramón Otero Pedrayo está situada na planta baixa do instituto, nun local de aproximadamente 90 m2. Conta con varias zonas diferenciadas:

  • Dúas áreas de lectura informal e lecer, con sofás e cadeiras, nas que adoitamos ter diversos materiais: cómics, prensa, revistas de distinta temática, etc.
  • Unha mesa ampla para traballos en grupo ou para reunións do Club de Lectura.
  • Unha zona de consulta con ordenadores á disposición do alumnado.
  • Unha zona con mesas pequenas para xogos de mesa.

Lembra que na biblioteca debemos gardar o maior silencio posible para non molestar ás persoas que están estudando ou lendo.

Manter en orde a biblioteca é unha tarefa de todos, así que cando marches procura deixar a cadeira no seu sitio e o material ordenado no seu lugar. Os libros tes que deixalos na caixa vermella que hai para tal fin.

HORARIO

O alumnado pode facer uso da biblioteca principalmente nos recreos (de 11:15 a 11:45) para solicitar empréstitos ou facer devolucións, estudar, buscar información, xogar ou ler. Noutras horas só poden estar na biblioteca acompañados dun profesor ou profesora ou cun permiso especial para realizar traballos (alumnado con materias validadas) e sempre baixo a supervisión dun docente de garda.

OBXECTIVOS

  • Garantir o acceso do alumnado a toda a información necesaria para o seu proceso formativo.
  • Contribuír na mellora das competencias básicas do alumnado.
  • Converter a biblioteca no eixo central de toda a formación académica e nun centro de recursos aberto a toda a comunidade educativa.
  • Apoiar e deseñar actividades de fomento da lectura e da creatividade no noso centro.
  • Garantir que o noso alumnado domine as técnicas de procura de información en calquera soporte.

ACTIVIDADES PRINCIPAIS

  • Formación e asesoramento do alumnado na procura de información.
  • Concursos literarios e artísticos.
  • Club de lectura.
  • Voluntariado.
  • Obradoiro temáticos.
  • Visitas de escritores/as.
  • Exposicións e animación á lectura.

 

 

 

Distribuir contido