IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
BOLSAS USA 2024-25Publicado o PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024-25 no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, que ten por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións: - Estar en posesión do documento nacional de indentidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE). - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña. - Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro do Concello da Coruña, no presente curso 2023-24. - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa. - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés). O prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto desde o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos. Máis información (enlace) |
Eventos |