Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

NO ROCÓDOMO DE RIAZOR CON 1º ESO. OUTUBRO 2023

O 25,26 e 27 de outubro, o alumnado de 1º ESO foi a escalar ao rocódromo de Riazor. Cando chegaron, houbo unha charla para explicar as normas de seguridade, as diferentes modalidades de escalada e os nomes do material a utilizar e despois foron ao rocódromo a escalar e o fixeron fenomenal. O deron todo!!!.  O venres, veu con nós Hadrián Pérez de 4º ESO que é 1º de Galiza e  2º de España na modalidade de escalada de velocidade e fixo unha demostración alucinante. 

 

TALLER BAILE TRADICIONAL

O alumnado de 1º ESO participou o 30 de marzo no taller de baile tradional!!

CAMPIONATO GALEGO ORIENTACIÓN

Alba e África foron a Ourense a participar no campionato galego de Orientación. Parabéns Campionas!!!!

CAMPIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓN

O 29 de marzo os clasificados/as foron a Porto do Son ao campionato Provincial de Orientación, quedando dúas alumnas nosas de 1ª e 3ª, clasificándose para o galego. Parabens a todos/as participantes!!!!!

Campionato comarcal de Orientación.

O 21 de marzo o alumnado de 3º ESO participou na campionato comarcal de Orientación!!

XOGAMOS TODOS!!

En colaboración co alumnado de 4º ESO, fixemos un circuito de Xogos tradicionais antes do Festival Antroido. Foi una tolería!!!!

 

INICIACION ESGRIMA

O clube 100tolos de esgrima  veu ao insti e os de 1º ESO pasárono moi ben!!

 

 

 

XORNADA DEPORTIVA - CLAUSURA DE FIN DE CURSO

Ultimo día de clase, no que o Departamento de Educación Física, en colaboración con máis profesorado, organizamos actividades deportivas con todos os grupos ó longo da mañá. Grazas a que a choiva nos respetou puidemos aproveitar todos os espazos dispoñibles. As actividades foron:

  • Deportes alternativos: matrexball e datchball.
  • Xogo do brilé.
  • Fútbol
  • Baloncesto.
  • Xadrez.

O profesorado esperamos que desfutásedes da xornada festiva e tamén que vos quedase clara a finalidade deste proxecto: valorar a gran importancia de manter unha vida activa e deportiva e manter lonxe os hábitos nocivos.

¡Pasade moi bo verán!

     

     

     

 

ORIENTACIÓN DEPORTIVA E KAYAK – 4º ESO

Os grupos de 4ºESO puxemos punto e final ás actividades extraescolares de Educación Física deste curso. Onte estivemos toda a xornada na contorna de Betanzos. Fixemos unha carreira de orientación deportiva, tiro con arco e kayak dende Caneiros ata a Praia do Pedrido, pasando polo pobo de Betanzos. Pasámolo moi ben e tivemos moita sorte co tempo. Agora, con algo de pena e máis bos recordos que malos, despedímonos do instituto. Algúns imos facer Bacharelato a outro centro e outros iremos a Ciclos Formativos, pero se cadra intentaremos facervos algunha visita.

¡Grazas por todo!

     

     

     

Distribuir contido