COMO AXUDAR ÓS NOSOS FILLOS NO ESTUDIO

COMO COMPRENDER E AXUDAR ÓS NOSOS

FILLOS NO ESTUDIO

  • Tendo unha visión positiva da vida, das persoas e do noso propio fillo/a.
  • Interesándose por eles, mantendo unha actitude de diálogo que permita coñecer as súas alegrías, dificultades e problemas
  • Tratando a cada fillo/a de acordo co seu modo de ser e as características propias da súa idade.
  • Valorando positivamente os seus esforzos e calidades persoais e aceptando as súas limitacións e defectos.
  • Animándoos a estudar, resaltando os seus propios progresos e logros (aínda que moitas veces non estean á altura do que nos gustaría), máis que os resultados (É frecuente escoitar ós alumnos dicir " Ós meus pais só lles interesan as notas")
  • Procurando que experimenten progresivamente a utilidade do estudo e a realización persoal que implica, máis que estudar de cara a recibir "regalos" ou para "contentarnos"
  • Propoñéndolles metas e esforzos posibles e realistas; tendo en conta que o ideal (que non sempre se consegue) é que o noso fillo/a chegue a vivir o estudo e a aprendizaxe dun xeito positivo, como fonte de satisfacción e non de frustración.
  • Corrixindo os seus fallos e erros, pero nunca a súa "persoa".
  • Non facendo continuas comparacións con outros fillos, veciños ou compañeiros que teñen mellores resultados acdémicos
  • Evitando proxectar no fillo/a os nosos propios temores e ansiedades, ou compensar os nosos desexos incumpridos.