INFORMACION COMPLEMENTARIA TRASTORNOS DE COMUNICACION E DA LINGUAXE

1º Estes trastornos deben estar asociados a necesidades educativas especiais. Son alumnos que presentan dificultades de orixe moi diversa para comprender e expresarse que limitan significativamente a aprendizaxe, a interacción e participación social e que requiren apoios específicos e focalizados.

2º Non deben confundirse con outros trastornos que puidesen dar lugar a problemas tamén relacionados con certos aspectos da linguaxe.

Para estes efectos, facilitamos información e criterios que nos proporcionaron técnicos do Ministerio de Educación para que quede claramente acoutado o TRASTORNO DA COMUNICACIÓN E DA LINGUAXE a que fai referencia a convocatoria e que están baseados en clasificacións internacionais.

 
TRASTORNOS DA COMUNICACIÓN

Trastorno da linguaxe

A. Dificultades persistentes na adquisición e uso da linguaxe en todas as súas modalidades (falado, escrito, de signos ou outro) debido a deficiencias na comprensión ou á produción:

1. Vocabulario reducido

2. Estrutura gramatical limitada

3. Deterioración do discurso.


B. As capacidades da linguaxe están notablemente por baixo do esperable á súa idade, provocando limitacións funcionais na comunicación eficaz, participación social, logros académicos ou desempeño laboral.

 

C. O inicio dos síntomas prodúcese nas primeiras fases do desenvolvemento.

 

D. As dificultades non se poden atribuír a unha deterioración auditivo ou sensorial, disfunción médica ou afectación neurológica e non se explica mellor por discapacidade intelectual ou atraso global do desenvolvemento.

    • Trastorno fonológico  

    • Trastorno da fluidez de inicio na infancia (tatexo)  

    • Trastorno da comunicación social (pragmático)   

    • Trastorno da comunicación non especificado 

 

Os trastornos graves da comunicación e da linguaxe non deben confundirse cos trastornos específicos da aprendizaxe. Estes últimos non se atopan entre os colectivos aos que se dirixe a convocatoria.

Neste senso, considéranse trastornos específicos da aprendizaxe, segundo a mesma clasificación internacional:

  • Trastorno de aprendizaxe con dificultades na lectura ( dislexia)  

  • Trastorno de aprendizaxe con dificultade na expresión escrita  

  • Trastorno de aprendizaxe con dificultade matemática ( discalculia) 

 

INFORMACION SOBRE ESCOLARIZACION COMBINADA

 

NO CASO DE ESCOLARIZACIÓN COMBINADA O CENTRO TRAMITADOR DEBE SER O CENTRO DE ESTUDIOS ORDINARIO. ( Non o centro de Educación Especial).Nestes casos o orientador deberá informar da idoneidade de complementar os apoios da escolarización combinada con esta convocatoria de axudas de necesidades específicas. Non son incompatibles.