PREVIR DENDE A CASA

PREVIR DENDE A CASA:

PAUTAS PARA OS PAIS E NAIS PARA

PROMOVER AS RELACIÓNS DE PAZ E IGUALDADE

 



I.E.S. Ramón Otero Pedrayo

A Coruña

Información elaborada polo Departamento de Orientación, a partir da Guía para promover as relacións de paz e equidade, editada polo Dervizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.

  • A televisión educa ós/ás rapaces/as en modelos de comportamento que non sempre son os mellores. Por elo é importante que  pais e fillos/as se senten xuntos a vela; cuestionando a violencia, os modelos de muller e home que se presentan como ideais.
  • Procura momentos para sentarte a falar cos teus fillos/as; que che conten sobre as súas procupacións, intereses, etc...O falar, procura negociar, non impoñer.
  • Pregúntalles polo que queren ser no seu futuro académico e laboral, que materias lles gustan, que profesións,etc...E se iso ten relación con ser home ou muller. Que decidan o seu futuro sen medo ó que dirán.
  • Os/as rapaces/as deben de ver como os seus pais/nais, manteñen relacións de parella sen diferencias entre xéneros, é dicir, relacións de igualdade entre ambos. É a mellor forma de aprender a igualdade de xénero.
  • As tarefas da casa (fregar, limpar, facer as camas,etc...) teñen que ser repartidas dunha forma equitattiva, sen diferenciar entre tarefas de homes e tarefas de mulleres.
  • Na adolescencia é importante marcar límites claros e precisos, os pais e as nais deben de dicirlles que non ás súas demandas en moitas ocasións. Non podemos pretender darlle todo aquelo que queiran. Se non aprenden que hai un posible non, tampouco saberán dicir non ós demáis no seu futuro.
  • Intenta falar cos teus fillos/as sobre a idea que teñen do amor e a parella. Failles entender sobre todo a elas, que o amor é compartir non a sumisión fronte a él, normalmente delas.