Presentación
|
O departamento de Tecnoloxía no IES Ramón Otero Pedrayo ten unha oferta educativa que abrangue aos catro cursos da ESO.
1º ESO (Tecnoloxía e Dixitalización): 3 horas semanais e de carácter obrigatorio.
2º ESO (Tecnoloxía e Dixitalización): 3 horas semanais e de carácter obrigatorio.
3º ESO (Educación Dixital): 3 horas semanais e de carácter optativo.
4º ESO (Tecnoloxía): 3 horas semanais e de carácter optativo.
4º ESO (Dixitalización): 3 horas semanais e de carácter optativo.
4º ESO (Intelixencia Artificial para a Sociedade): 3 horas semanais e de carácter optativo.
|
Esta materia ten un carácter fundamentalmente práctico polo que as explicacións teóricas se ven complementadas por traballos a desenvolver na aula-obradoiro do noso centro. Nesta aula, chamada Antonio Palacios, os alumnos levan a cabo o deseño e construción dos proxectos cos que plasman os coñecementos adquiridos teóricamente en campos como a Mecánica, a Electricidade, a Electrónica ou a Neumática.
Se queres ver algún dos traballos realizados fai click na Galería e accede ó álbum de Proxectos de Tecnoloxía.
|
|
|