Articles

Xeografía e Historia - Sub Categories

Obradoiro: Programa Cores, 23 de marzo de 2017

O 23 de marzo estiveron connosco Ana, Héctor e María, técnicos de consumo da Escola Galega de Consumo. Impartiron ao alumnado de Valores Éticos do centro o Obradoiro do Programa Cores. Foron preto de 200 rapazas e rapaces os que asistiron ás oito sesións do obradoiro ao longo da mañá!

No obradoiro falouse de consumo responsábel e publicidade. Analizáronse as estratexias que a publicidade utiliza para crear necesidades de consumo, a relación entre xénero e publicidade ou casos de publicidade enganosa.

Foi un obradoiro moi participativo, no que o alumnado tivo a oportunidade de despregar os seus coñecementos sobre publicidade que foron adquirindo na materia de Valores Éticos.

Presentación do programa

A principios de curso xuntámonos o profesorado de Valores Éticos do centro (Carlos Fernández, Verónica Túñez, Cruz Faci e Félix Longueira) e acordamos realizar un proxecto conxunto para todo o alumnado da materia. Revisamos os programas que ofrecía o Plan Proxecta e decidímonos polo programa Galicons. Neste programa trabállanse cuestións relativas aos hábitos de consumo, con especial incidencia en cuestións como o consumo responsábel ou a publicidade. Pensamos que había unha clara relación entre os valores éticos que asumen as sociedades democráticos e os hábitos de consumo e que para o noso alumnado había ser interesante ligar ambos aspectos.O programa púxose en marcha nas aulas á volta das vacacións de Nadal. Neste blogue iremos debullando as actividades e proxectos en que o noso alumnado vai traballando. De momento, no arquivo que se adxunta deixamos o programa didáctico do noso proxecto.  

RECURSOS EN LIÑA

Os recursos en liña do departamento de Ciencias Sociais atópanse na aula virtual

Libro de Lectura de Cultura Clásica

Libro de Lectura de Cultura Clásica:   

Colección "Astérix" Uderzo

 

"La esclava de azul" J. Borrell

 

Libro de Lectura de 1º

Libro de Lectura de 1º:   Colección "A Nosa Historia" P. Carreiro

 

 Colección de comics: "Os Barbanzóns" P. Carreiro

Libro de lectura de 2º

Libro de lectura de 2º: Colección "A Nosa Historia" P. Carreiro

Libro de lectura de 3º

                 

 

                                            "La evolución de Calpurnia Tate" J. Kelly             

 

 

 

 

 

 

 

Lecturas Recomendadas

Libro de Lectura 4º de ESO :  "Réquiem por un campesino español" Ramón J. Sénder

                                          "Noite de voraces sombras" A. Fernández Paz

                                           Opcional: Comics: "Maus" "Paracuellos" "Persépolis"