Articles

Xeografía e Historia - Sub Categories

Addenda á programación 2021/22

En relación á Orde do 25 de xaneiro de 2022, específicanse no documento adxunto as actividades a desenvolver durante o mes de xuño polo alumnado das materias do Departamento de Xeografía e Historia.

 

Boix, fotógrafo de Mauthausen

 

A exposición Boix, fotógrafo de Mauthausen, permanecerá no centro até o venres 11 de marzo.

A exposición, foi concibida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que nola cede de maneira gratuíta. Utiliza imaxes tiradas polo fotógrafo catalán Francesc Boix durante a súa reclusión no campo de exterminio nazi de Mauthausen. A partir desas imaxes relátase a experiencia das persoas recluídas no campo, en particular das galegas e galegos que nel foron internadas.

A exposición será obxecto de diversas actividades organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, destinadas particularmente ao alumnado de 4º ESO. A exposición complétase co documental Boix, fotógrafo do inferno. Ademais, o venres 11 de marzo a presidenta da ARMH, o investigador José Manuel López Tuñas ofrecerá unha conferencia ao alumnado. Nesa conferencia estará acompañado de José Luis Alamán.

José Luis é neto de Martín Ferreiro Álvarez, concelleiro do Concello da Coruña na II República. Fuxido do fascismo, Martín foi apreixado en Francia e encarcerado en Mauthausen a finais de 1940. Ao ano seguinte sería asasinado no campo de exterminio de Gusen.

A exposición pode ser visitada por persoas alleas ao centro en horario de mañá. Para acceder é necesario rexistrarse na conserxaría.

Materias do departamento

 

O departamento de Xeografía e Historia cubrirá no curso 2022/2023 un total de 12 materias nos 15 grupos do centro. En total, a carga horaria do departamento ascende a 74 períodos lectivos semanais.

 


Materias

Curso

Grupos

Horas por cada grupo

Total Horas

Xeografía e Historia

1º ESO

4

3

12

Xeografía e Historia

2º ESO

5

3

15

Xeografía e Historia

3º ESO

3

3

9

Xeografía e Historia

4º ESO

3

3

9

Cultura Clásica

3º ESO

2

3

6

Cultura Clásica

4º ESO

1

3

3

Introdución á actividade emprendedora e empresarial

4º ESO

1 3 3
Economía

4º ESO

1

3

3

Igualdade de Xénero

2º ESO

3

1

3

Valores Éticos

2º ESO

5 1 5

Educación en Valores Cívicos e Éticos

3º ESO 3 1 3

Valores Éticos

4º ESO

3 1 3

 

 

Profesorado do Departamento

No curso 2023/2024, o departamento está constituído por catro profesoras/es. A asignación de materias é a que segue: 

María José Couselo Castro (Titora de 4º ESO B)

4º ESO A B C: Xeografía e Historia.
1º ESO: L.G.
3º ESO C D: Educación en Valores Cívicos e Éticos.

Susana Ferreira Va
rela (Xefa de Departamento)

2º ESO A B C D E: Xeografía e Historia.
3º ESO A B: Educación en Valores Cívicos e Éticos.

Félix Longueira Fafián (Xefe de Estudos)

1º ESO A C: Xeografía e Historia.

María Paula Prado Rodríguez (Titora de 1° ESO B)

3º ESO A B C D: Xeografía e Historia.
4º ESO: Filosofía.
1º ESO B: Xeografía e Historia.

 




 

Programacións do Departamento de Xeografía e Historia, 2023/24

 

Os documentos anexados inclúen as programacións LOMLOE das materias impartidas polo departamento no curso 2023-2024.

Manipulación a través da publicidade

En 3º da ESO traballouse preferentemente sobre as técnicas publicitarias e o impacto que estas teñen nos consumidores.

 

Como se pode ver neste exemplo a cargo de Artai Massó e Carlos Sánchez, pedíase ao alumnado que, na súa contorna próxima, identificase situacións de publicidade abusiva ou enganosa. Neste tipo de estratexias publicitarias, trátase de xogar co prezo ou a dispoñibilidade dun produto para estimular os impulsos de compra dos consumidores. Quen non picou algunha vez?

Historia da publicidade

En 4º da ESO o alumnado o traballo do alumnado orientouse sobre todo á evolución dos carteis publicitarios, en especial no eido da industria, o ocio e a poítico, que o alumnado plasmou en forma de presentacións. Como exemplos, traemos aquí dúas presentacións: por un lado a de Alba Lolo e Lucía Castro e por outro a de Martín Pérez. 

Na primeira delas pode observarse a evolución do cartelismo desde finais do século XIX até os nosos días: de carteis moi abigarrados pasamos a deseños moito máis simples, que procuran un forte impacto visual coa máxima economía de medios. Na segunda trabállanse algúns cartelistas famosos de finais do XIX, como Toulouse Lautrec, a outros máis recentes, como Fons Hickmann. Trátase case sempre de exemplos vinculados ao cine, onde o cartelismo segue a ter na actualidade unha forte presenza.

 Con esta temática buscábase a continuidade entre a materia de Valores Éticos e a de Xeografía e Historia. Esta última en 4º da ESO corresponde por completo á arte e historia da Idade Contemporánea. A propaganda, como forma de difusión de novos hábitos culturais e de consumo, ten un papel moi relevante na vida contemporánea. 

 

Exposición de carteis publicitarios

Xustos de tempo estamos a ultimar a exposición de carteis publicitarios realizados polo alumnado de Valores Éticos. Poderase ver no espazo expositivo (as redes) da primeira planta do centro até finais de xuño.

Con Carlos Fernández, profesor do departamento de Lingua Castelá, o alumnado de 2º da ESO está elaborando carteis publicitarios sobre as normas de convivencia do centro. Había que escoller unha norma e publicitala cun eslogan e un deseño chamativos. Os famosos partes –os apercibimentos escritos– son o terror do noso alumnado!

Con Cruz Faci, de Xeografía e Historia, o alumnado de 4º da ESO tiña maior liberdade. O alumnado podía publicitar calquera cuestión relacionada cos Dereitos Humanos ou un produto inventado. De momento temos unha campaña sobre os dereitos da comunidade LGTBI, unha empresa de gofres, o Pocket Phone e as deportivas Point, que destacan pola súa comodidade. Tal vez no futuro sexan os produtos estrela da túa tenda!

Linguaxe publicitaria

Da man do profesor Carlos Fernández, o alumnado de Valores Éticos de 1º e 2º da ESO estivo traballando sobre os tipos e destinatarios da publicidade, así como sobre a linguaxe que a publicidade emprega para crear necesidades de consumo e convecernos da bondade dos produtos cos que traballa.A parte máis curiosa do traballo foi aquela en que o alumnado analizou publicidade histórica, como o anuncio das bonecas de Famosa ou dos bolígrafos Bic. Ambos son un bo exemplo de como a música dun anuncio pode axudar a completar un anuncio. Que non coñece aquilo de “Las muñecas de famosa / se dirijen al portal” ou esoutro de “Bic naranja, escribe fino”.

Publicidade sexista, racista ou violenta - 2º ESO B

Ao cargo do profesor Félix Longueira Fafián, o alumnado de Valores Éticos de 2º ESO B recompilou por grupos anuncios publicitarios con contidos sexistas, racistas ou violentos contra as persoas e animais. Como podedes supoñer, non foi difícil atopar anuncios nestas coordenadas. 

Un dos grupos analizou a publicidade de automóbiles, case sempre dirixida a varóns de clase media e alta. Outro dos grupos analizou a publicidade de cosméticos, que neste caso diríxise case sempre cara mulleres. Ademais de ideais de beleza, en ambos campos da publicidade, transmítense ideas asociadas á masculinidade (liderado, status social, agresividade) e a feminidade (delicadeza, brandura, preocupación obsesiva pola imaxe corporal).

Houbo tamén traballos sobre os anuncios de apostas deportivas e xogos en liña ou sobre os youtubers. Mais sen dúbida a marca que máis xogo deu foi a de desodorantes Axe, pola hipersexualización constante dos seus anuncios e o rol pasivo que neles xoga a muller. Velaí deixamos, como mostra, a presentación que elaboraron Alba e Aitana.