Boix, fotógrafo de Mauthausen

 

A exposición Boix, fotógrafo de Mauthausen, permanecerá no centro até o venres 11 de marzo.

A exposición, foi concibida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que nola cede de maneira gratuíta. Utiliza imaxes tiradas polo fotógrafo catalán Francesc Boix durante a súa reclusión no campo de exterminio nazi de Mauthausen. A partir desas imaxes relátase a experiencia das persoas recluídas no campo, en particular das galegas e galegos que nel foron internadas.

A exposición será obxecto de diversas actividades organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, destinadas particularmente ao alumnado de 4º ESO. A exposición complétase co documental Boix, fotógrafo do inferno. Ademais, o venres 11 de marzo a presidenta da ARMH, o investigador José Manuel López Tuñas ofrecerá unha conferencia ao alumnado. Nesa conferencia estará acompañado de José Luis Alamán.

José Luis é neto de Martín Ferreiro Álvarez, concelleiro do Concello da Coruña na II República. Fuxido do fascismo, Martín foi apreixado en Francia e encarcerado en Mauthausen a finais de 1940. Ao ano seguinte sería asasinado no campo de exterminio de Gusen.

A exposición pode ser visitada por persoas alleas ao centro en horario de mañá. Para acceder é necesario rexistrarse na conserxaría.