VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O alumnado de Valores Éticos de 4º de ESO tivo a oportunidade de visitar o Parlamento de Galicia o pasado xoves 2 de febreiro. Fixeron unha visita guiada polas distintas dependencias da institución, e tiveron a ocasión de coñecer de primeira man o lugar de onde xorden as leis que rexen e rexerán o futuro da nosa comuinidade. Disfrutamos dun día solleiro e agradable do que queda constancia nestas bonitas imaxes.