Visita ao Castro de Elviña

O alumnado de 1º de ESO visitou o Castro de Elviña a semana pasada, nunha actividade que pretende dar a coñecer de primeira man, o pasado da nosa cidade a través do patrimonio arqueolóxico. O roteiro polo xacemento contou co apoio de dúas guías que lles deron a coñecer tanto as diversas estructuras habitacionais que aínda se conservan, como réplicas de diversos obxectos atopados no castro. Unha xornada na que o tempo nos acopañou e fixo da visita unha actividade non só académica, senon tamén de lecer que sen dúbida repetiremos o próximo curso.