Charla do alumnado de 3º ESO con Exparlamentarios/as

O alumnado de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 3º ESO, tivo a oportunidade de conversar con tres figuras destacadas da política galega que no seu día exerceron como Parlamentarios no Parlamento de Galiza: María del Mar Barcón Sánchez, Ana Luisa Bouza Santiago e José Luís García Gorostizu. Para nós foi unha honra recibilos no noso centro, e para o alumnado resultou unha actividade moi enriquecedora polo que lles estamos moi agradecidas aos tres.