Skip to Content

Novas

Matricúlate no Bacharelato de Artes, Imaxe e Deseño

Mellores expedientes de Galicia ABAU 2024

Parabéns ao noso estudante Óscar González García como un dos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024.

Recollerá o seu diploma no acto de recoñecemento MEGABAU, que se celebrará o venres 21 de xuño no Coliseum da Coruña.

Este premio é un motivo de orgullo para o noso centro, e destaca o seu esforzo e dedicación.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (DOG nº 96, do 20 de maio de 2024): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 21 de maio ata o día 21 de xuño de 2024, incluídos.

ALUMNADO QUE FINALIZA 2º DE BACHARELATO (Curso 2023/2024) Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Todo o alumnado de 2º de Bacharelato está convocado  a unha reunión informativa para a tramitación do título de Bacharelato e da matrícula na ABAU, que terá lugar o próximo mércores 15 de maio de 2024, ás 10:30 horas (Aula 2º Bacharelato. A) 

Información

O GRAN CAMIÑO

LICITACIÓN DE CAFETERÍAS

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a licitación do servizo de cafeterías dos centros para os vindeiros cursos 2024/25 e 2025/26, con posibilidade de prórroga para os cursos 2026/27 e 2027/28.

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO 2024

EDIXGAL-PROXECTO ABALAR

Distribuir contido


by Dr. Radut