Skip to Content

Novas

REUNIÓN INFORMATIVA 6º EP

Reunión informativa o xoves 15 de xuño ás 19:00 h para as familias do alumnado de 6º EP que vai cursar 1º ESO no vindeiro curso 2023/24 no IES O Ribeiro.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94, do 19 de maio de 2023): Enlace á nomativa

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 20 de maio ata o día 21 de xuño de 2023, incluídos.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

Formas de presentación:

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2022-2023

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 26 de abril de 2023 ata o 25 de maio de 2023.

A convocatoria está publicada no DOG do 3 de abril de 2023 (ORDE do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311A).

Na sede electrónica da Xunta de Galicia, na páxina https://sede.xunta.gal, introducindo na Caixa de busca o procedemento ED311A, poderá acceder a máis información e a súa tramitación.

OLIMPÍADAS MATEMÁTICAS DE 2º ESO

Os alumnos: Lucas Fernández García, Aitor Lorenzo Miguélez, Íker Sánchez Fernández e Antón Álvarez Pivida de 2º ESO A participaron o xoves 27 de abril na fase de zona da Olimpíada Matemática Galega. 

A proba consistiu na resolución individual de cinco problemas matemáticos. Á espera de coñecer os clasificados nesta fase, todos foron agasallados cun diploma pola súa participación.Bravo por eles!

 

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Desde o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, NON SE PODERÁN PRESENTAR NOVAS SOLICITUDES.

No noso centro sería para todo o alumnado que no curso 2023/2024 se matricule ou teña previsto matricularse nalgunha das seguintes ensinanzas:

CONCURSO DE ETIQUETA E LOGO PARA A ASOCIACIÓN OLIVARNOIA

O alumando de Artes Plásticas elaborou etiquetas e logos  para representar á asociación OlivArnoia e as alumnas premiadas foron Anxela Míguez Fernández de 4º ESO na etiqueta e Lucía Seoane González de 2º Bacharelato no logo. Parabéns ás dúas e grazas aos membros do xurado!

  

CURSO AFD 2023

O día 21 de marzo comezará no IES O Ribeiro a seguinte Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas Desempregadas (AFD) que inclúe prácticas en empresas: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos.

O curso vai dirixido a formar persoas para exercer a súa actividade profesional realizando operacións auxiliares de mantemento na área de carrocería en pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas ao mantemento de vehículos, automóbiles, motocicletas, vehículos industriais, maquinaria agrícola, de obras públicas e embarcacións

Solicitudes de inscrición no IES O Ribeiro (teléfono contacto:988 788 463) ou na Oficina de Emprego de Ribadavia (teléfono contacto:988 788 259)

Nome curso: TMVL0109: Operacións auxiliares de mantemento de carrocerías de vehículos

  • Número curso: 2022/004914.
  • Data inicio: 21/03/2023.

  • Data finalización: 30/06/2023.

  • Lugar impartición: IES O Ribeiro. Edificio Abrente.

  • Número máximo asistentes: 15.

  • Horario: de 16:00 a 21:00.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. CONVOCATORIA 2023

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio,do 27 de febreiro ao 10 de marzo de 2023, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

ANUNCIO DE CORTE DE ESTRADA

Distribuir contido


by Dr. Radut